A capital provincial acolle o Xantar Comarcal dos 52 concelleiros do PP da bisbarra de Terras de Pontevedra

Pontevedra, 28 de maio de 2024.

A capital provincial acolleu este mediodía o Xantar Comarcal do Partido Popular de Pontevedra e a súa comarca, no que estiveron presentes os 52 concelleiros do PP na cidade e nos concellos de Poio, Vilaboa, Barro, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, Ponte Caldelas e A Lama.

Este encontro contou coa presenza do presidente provincial do PP, Luis López, e da secretaria xeral, Luisa Piñeiro, así como do vicepresidente da Deputación e do partido e voceiro dos populares de Pontevedra, Rafa Domínguez, e dos alcaldes Ángel Moldes, Jorge Cubela, Carlos Costa e David Carrera, entre outros.

Esta xuntanza enmárcase na xira itinerante de contacto que os responsables provinciais están a facer por toda a provincia co gallo do primeiro aniversario da rotunda vitoria nas Eleccións Municipais de 2023 e que xa se celebrou previamente nas bisbarras do Salnés, Baixo Miño, O Condado e A Paradanta, Caldas e Vigo.

Os populares destacaron o “forte ascenso do apoio cidadá” en Pontevedra e a súa contorna, que permitíu acadar un cuarto deputado provincial tras rebasar o listón dos 57.000 votos nas Municipais de 2023 -nos 21 municipios do partido xudicial- e obter senllas vitorias en todo este territorio tanto nas Xerais do pasado verán como nas Autonómicas do pasado 18 de febreiro.

Finalmente, a xuntanza tamén servíu para intensificar a campaña electoral das Europeas do vindeiro 9 de xuño, nas que o PP aspira novamente a ser a forza máis votada en Pontevedra e a súa contorna.