O responsables do PP de A Estrada e Lalín preguntan ao subdelegado do Goberno se o Estado actuaría igual se a reversión dos centros de sáude fora en concellos cataláns

Luns, 28 de outubro de 2024.

Os dirixentes populares e alcaldes dos concellos de A Estrada e Lalín, Gonzalo Louzao e José Crespo preguntan ao subdelegado do Goberno, Abel Losada, se o Estado actuaría igual se a reversión dos centros de saúde fora en concellos situados en Cataluña.

Os dous dirxientes populares indicaron que é unha vergoña as declaración de Abel Losada sobre a reversión destes centros e lembran que nos anos 70 cederon os terreos para edificar os centros e agora o Estado os traspasa mediante a súa venta, cando ambos concellos o que queren é recuperalos para reorientalos a usos sociais.

¿Que prima aquí, o benestar dos nosos veciños ou as arcas do Estado?, non se pode entender que se teña que pagar por algo cedido de maneira completamente gratuita”, preguntanse ambos dirixentes.

Louzao insistiu unha vez máis, que hai un decreto, que xa non existe nos demaisMinisterios, no que se impide a cesión directa de un inmueble a unha administración ou a un particular e reclamou que se faga o mesmo neste caso. Pola súa banda, José Crespo indicou que podería pactar a cesión da propìedade, pero en ningún caso, tendo que aboarabsolutamente nada ao Estado.