O PP de Pontevedra celebra que nun ano na Deputacion cambiou o sectarismo socialista polo traballo conxunto cos concellos
Pontevedra, 4 de xullo de 2024.
O voceiro provincial do PP de Pontevedra, Jorge Cubela agradece a man tendida da nova Deputación con todos e cada un dos concellos da provincia que só nun ano teñen recibido 90 M€ para financiar 440 obras, e destacou que nun ano cambiou o sectarismo socialista polo traballo conxunto cos concellos.
Este luns presentouse no Pazo Provincial o balance deste primeiro ano de mandato dos populares, onde Luís López, ante un ateigado salón de plenos, foi detallando os doce fitos máis importantes levado a cabo, onde por exemplo destacan o impulso ao deporte, os investimentos municipalistas, a colaboración por bandeira, a creación de emprego, o apoio a máis dun milleiro de asociacións, así como a aposta por un turismo de récord ligado ao deporte e á natureza, entre outros. Ademais da creación de máis de 700 postos de traballo e dun departamento novo centrado na xuventude e no reto demográfico.
Jorge Cubela destacou o cambio na actitude e nas formas, así como nas relacións con todos os rexedores da provincia. ”Acabouse o sectarismo que tiñamos fai 1 ano e agora o que estamos é traballando polo preto de 1 millón de cidadáns cos que conta a nosa provincia. Estreitamos lazos coas institucións da provincia, e estamos ao carón da veciñanza, como así o amosa a asistencia dos membros do executivo provincial a máis de 1.800 actos públicos. Non falamos tanto da xente como a esquerda porque estamos máis con ela, e como mostra, os 1800 actos”, indicou o voceiro popular.
O que non se pode entender é a postura de enrocamento na que sigue instalada o PSOE provincial. Escoitando as declaracións da súa portavoz, estamos vendo que aínda non teñen asumido que xa non gobernan, e que a Deputación de Pontevedra agora é a casa de todos os concellos, sexan da cor política que sexa. “As portas desta nova Deputación están abertas para todos e esperamos que o PSOE asuma xa o seu papel, non poñan paus nas rodas e se poña a traballar dunha vez polo ben dos cidadáns pontevedreses”, destacou Cubela.
Entre outros investimentos destacan os 13,3 millóns comprometidos para a construción da nova Grada de Gol de Balaídos, os 7,5 millóns para as cidades de Vigo e Pontevedra, os 6 millóns de euros en convenios cos concellos para a mellora das estradas ou os 4 millóns de euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. “Tendemos pontes coa Xunta na transferencia de Lourizán, da Escola de Canteiros, dos centros educativos de Príncipe Felipe, na recuperación de Santa Clara, na compra do Cine Fraga ou co regreso de Rías Baixas ao stand de Turismo de Galicia en Fitur”, explicou este luns o presidente, quen tamén fixo referencia ao regreso da Deputación despois de anos sen comparece no Parlamento de Galicia para presentar os orzamentos.
“Finalizamos un ano tendendo pontes. Pero continuaremos traballando para fortalecer os que sempre nos uniron como territorio e abrir outros novos”, indicou o voceiro provincial.