Paco Milán Mon, Xosé Merelles e Luisa Piñeiro salientan a importancia do Camiño de Santiago como nexo de unión de Galicia con Europa
Mércores, 5 de xuño de 2024.
O candidato Francisco Millán Mon, acompañado polo responsable de Turismo no Goberno galego, Xosé Merelles, do alcalde Roberto Carrero, e da secretaria xeral do PP de Pontevedra, Luisa Piñeiro, realizaron esta mañá un tramo do Camiño Portugués pola Costa, onde salientaron a importancia do Camiño como nexo de unión de Galicia con Europa.
Xosé Merelles indicou a importancia que ten a ruta Xacobea para Galicia que conta coa visita de tantos europeos, e que xa rexistra un 86% dos peregrinos estranxeiros que chegan a Santiago, maioritariamente europeos e americanos. “O Camiño foi un elemento fundamental para sentar os alicerces da Europa que hoxe coñecemos”, indicou o responsable de Turismo.
Pola súa banda, Millán Mon salientou que as cifras que está acadando o Camiño en número de peregrinos pon de manifesto o recoñecemento internacional das rutas xacobeas, e aínda máis no Camiño Portugués cun elevado número de peregrinos europeos que transcorren polas súas rutas día tras día.
“Esta Europa da liberdade, da libre mobilidade, da libre cultura reflíctese no Camiño de Santiago que é un valor fundamental na construción da Europa actual”, rematou o candidato popular.