O PP pide o apoio masivo nas urnas este domingo para sancionar a un PSOE ao que non lle importa nin Vigo nin a provincia, que está deixando á cidade illada pola incompetencia absoluta do Goberno
Luns, 3 de xuño de 2024.
O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luís López, pide esta mañá en Vigo o apoio masivo para sancionar a un PSOE ao que non lle importa nin Vigo nin a provincia, deixando actualmente á cidade illada pola incompetencia absoluta do Goberno central.
Luís López, acompañado da xestora do PP de Vigo, Ana Ortiz; do presidente do Porto de Vigo, Carlos Botana; do presidente da CEP, Jorge Cebreiros; da deputada nacional, Irene Garrido; e de concelleiros de Vigo estiveron esta mañá en Vialia facendo declaracións sobre o futuro das infraestructuras nas que se atopa a cidade olívica, e na que tanta influencia teñen no seu futuro o que se vote este domingo nas eleccións europeas.
O presidente provincial lamentou que unha cidade como Vigo, que acolle a persoas chegadas de todos os puntos de Galicia para vivir e traballar, que exporta vehículos a todo o mundo, que conta cun dos portos pesqueiros máis importantes de Europa; pero que lamentablemente está quedando illada pola absoluta deixadez do PSOE no Goberno central.
“Pido que ante un Goberno que non avanza para xestionar o Corredor Atlántico, para xestionar os fondos europeos para a nosa industria e para acelerar a Alta Velocidade Vigo-Oporto, a nosa resposta sexa de esixencia. Temos que esixir o que nos corresponde, porque por exemplo cando falamos de compromisos ferroviarios coa provincia, o PSOE descarrila de maneira indescriptible”, indicou Luís López
Os populares lamentaron que os cidadáns teñan que sofrir incidencias constantes nos trens de media distancia que toman cada día milleiros de persoas, con frecuencias insuficientes, porque por exemplo a posta en marcha dos tres Avril cun un inicio completamente calamitoso.
“O PSOE só se acordou dos trens en Vigo cando tocaba bicar a unha locomotora en vésperas dunhas eleccións. Polo demais: silencio, lentitude e incumprimentos. E iso só se falamos de trens, porque AP-9 segue a padecer unha subda indiscriminada de peaxes mentres o Ministro Puente libera autoestradas noutros puntos de España, e nega permanentemente a transferencia a Galicia”, incidiu López-
O dirixente popular animou a votar ao Partido Popular nunhas eleccións nas que Galicia xógase moito. “Temos a sorte de que os pontevedreses e galegos están moi ben representados co candidato da cidade, Francisco Millán Mon, e con Adrián Vázquez Lázara”, destacou o dirixente provincial.