Redondela acolle o Xantar Comarcal dos 51 concelleiros do PP de Vigo e a súa área
Redondela, 24 de maio de 2024.
Redondela acolle este mediodía o Xantar Comarcal do Partido Popular de Vigo e a súa área de influencia, no que estiveron presentes os 51 concelleiros do PP na cidade e nos concellos de Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes, así como nos municipios de Baiona, Nigrán e Gondomar, pertencentes á bisbarra do Val Miñor.
Este encontro, organizado pola agrupación que lidera Javier Bas, tamén contou coa presenza do presidente provincial do PP, Luis López, e da secretaria xeral, Luisa Piñeiro, no marco da xira itinerante de contacto que están a facer por toda a provincia co gallo do primeiro aniversario da rotunda vitoria nas Eleccións Municipais de 2023 e que xa se celebrou previamente nas bisbarras do Salnés, Baixo Miño, O Condado e A Paradanta e Caldas.
Os populares destacaron o “forte ascenso do apoio cidadá” en Vigo e a súa contorna, que permitíu acadar un terceiro deputado provincial e gañar dez concelleiros máis nas Municipais de 2023 e obter senllas vitorias en todo este territorio tanto nas Xerais do pasado verán como nas Autonómicas do pasado 18 de febreiro.
Finalmente, a xuntanza tamén servíu para comezar coa campaña electoral das Europeas do vindeiro 9 de xuño, na que o PP aspira novamente a ser a forza máis votada en Vigo e a súa contorna.