Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado do alto repunte na nosa provincia de delitos graves relacionados co narcotráfico, delitos contra a liberdade sexual e roubos
Luns, 29 de abril de 2024.
Os deputados nacionais, Ana Pastor e Pedro Puy, mantiveron esta mañá unha xuntanza con representantes da Confederación Española de Policía, quen lle deron traslado das reinvindicaciós que dende fai tempo levan facendo dende o sindicato policial en prol do seu traballo, que segundo indicaron, cada está sendo máis difícil levar a cabo nas conidicións axeitadas, o que conleva un grave perxuízo en prol da seguridade da cidadadanía. Ambos dirixentes compartiron a preocupación polo incremento dos delitos, especialmente os relacionados co aumento do narcotráfico na nosa provincia.Segundo explicaron dende a CEP, con datos que proveñen do Ministerio do Interior, están aumentando os delitos graves, onde destacan tamén os homicidios, delitos contra a liberdade sexual e roubos. Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o que fixo proliferar numerosos puntos de venda de droga nun mercado asolagado pola cocaína e heroína, con prezos un 33% máis baixos que hai 20 anos.
Os policías denuncian un déficit de persoal dun 15% nas comisarías, si hai máis policías que nunca, pero estas cifras non son reais, xa que moitos dos axentes que neles traballan pasaron a realizar traballos administrativos, como na comisaría de Vigo, onde o persoal de administrativos de Corpos Xerais está ao 50%, isto supón que policías nacionais estean facendo DNI´s ou pasaportes no canto de patrullar as rúas e evitar a comisión de delitos.
Loita contra o narcotráfico
Os axentes policiais deron traslado aos deputados nacionais da petición da creación dunha Unidade de Guías Caninos con sede en Vigo para dar servizo ao sur de Galicia. Segundo explicaron os axentes, dende a CEP levan moitos anos reclamando a creación dunha destas unidades que de servizo ao sur de Galicia, concretamente ás Provincias de Pontevedra e Ourense, con sede na cidade de Vigo.
“Sendo a provincia de Pontevedra o reclamo turístico da nosa Comunidade que conta cos portos de mercadorías máis importantes de Galicia, con peirao de transatlánticos, aeroporto, estacións de AVE e sendo fronteira con Portugal, ao que se suma a presenza na súa provincia de unidades UDYCO en Pontevedra e Vigo, e a unidade da Comisaría Xeral de Policía Xudicial, GRECO, que se dedica á persecución do narcotráfico, é xustificación máis que suficiente para a creación desta nova unidade de guías caninos e Brigada Móbil, sendo esta última unha unidade especializada en seguridade cidadá que realiza o seu labor nos transportes públicos”, explicaron o representantes da CEP.