O Partido Popular destaca nun encontro con adegueiros da DO Rías Baixas o seu apoio ao sector vitivinícola a través de liñas para o fomento da súa competitividade e modernización
O responsable de Medio Rural do Goberno autonómico e número tres pola lista do Partido Popular en Ourense, José González, acompañado polo alcalde do concello das Neves, Jose Manuel Alfonso, e membros do PP de Pontevedra, reuniuse hoxe esta tarde no municipio pontevedrés con viticultores e adegueiros da Denominación de Orixe Rías Baixas poñer en valor as accións levada a cabo para este sector, así como para reafirmar o apoio ao mesmo.
Neste encontro, celebrado na adega Señorío de Rubiós e no que tamén participou o presidente da DO Rías Baixas, Isidoro Serantes, José Gonzalez resaltou a estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, aprobada polo goberno autonómico en 2021, coa que se está traballar co obxectivo de reforzar a posición e competitividade do sector vitivinícola galego nos mercados nacional e internacionais, cun enoturismo de referencia e con capacidade para xerar valor nas comarcas vitivinícolas de xeito sostible.
A estratexia persegue a mellora da gobernanza das comarcas vitivinícolas impulsando a coordinación e cooperación dos axentes do territorio para incrementar a súa capacidade de xeración de valor. Para acadalo, formulouse como unha estratexia coordinada para o conxunto do sector vitivinícola galego, co fin de aproveitar as sinerxías existentes, atendendo ao mesmo tempo as particularidades específicas de cada territorio.
Outro dos temas abordados neste encontro foron as axudas para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, que nas últimas dúas convocatorias sumou un total de 12,3 millóns de euros investidos pola Xunta.
Ademais, José González resaltou os 9 millóns de euros que se destinarán este ano a potenciar o sector, afondando na colaboración coas DO e con 2 millóns de euros para a promoción dos produtos vitivinícolas en terceiros países.
O pulo a este sector tamén vén determinado pola calidade dos seus produtos, sinalou, amparados polos selos de calidade das DO e as IXP. Na liña de protexer esas producións, aprobouse a Lei da calidade alimentaria, que entrou en vigor o pasado 7 de febreiro, co obxecto de asegurar a calidade dos produtos alimentarios, en defensa da lealdade das transaccións comerciais e dos dereitos e intereses lexítimos dos produtores primarios, operadores económicos e profesionais do sector, así como dos consumidores.
Por outra banda, José González tamén puxo de relevo a ampliación de superficie produtiva na que se está a traballar e na que serán claves os polígonos agroforestais, ferramentas incluídas na Lei de recuperación da terra agraria. Os proxectos de Arbo e Crecente, que suman unhas 91 hectáreas de terreos, terán como orientación principal a produción vitivinícola, dentro de terreos da DO Rías Baixas.
Por último, e destacando a importancia do traballo que desempeñan os consellos reguladores, José González reafirmou que manterán o seu apoio de colaboración con estas entidades para funcionamento e para desempeñar o seu labor. Neste mesmo ano, trasladóuselle a importancia de contratar seguros agrarios -que contan cunha liña de axudas de 8,5 millóns de euros neste 2024-, buscando a súa cooperación dentro do obxectivo de acadar o aseguramento da totalidade do territorio das denominacións de orixe, algo que está recollido na Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia.