O PP de Baiona celebrou esta fin de semana o seu tradicional Pincho de Nadal
O PP de Baiona celebrou esta fin de semana o seu tradicional Pincho de Nadal, que congregou a máis de 200 militantes, simpatizantes e colaboradores no Hotel Bahía e que tamén contou coa presenza do alcalde, Sito Vázquez Almuiña, e da secretaria xeral do PP Provincial de Pontevedra, Luisa Piñeiro.
O encontro serviu para celebrar as vindeiras festas de Nadal nun ambiente distendido entre a militancia e tamén para poñer o broche de ouro a un ano moi importante para o PP de Baiona, xa que conseguíu recuperar a Alcaldía cunha ampla maioría absoluta.
Ademais, tanto Sito Almuiña como Luisa Piñeiro convidaron aos presentes a manter o nivel de intensidade no traballo para colaborar con Alfonso Rueda para que revalide a confianza dos galegos nas próximas eleccións autonómicas. Este Pincho de Nadal tamén contou coa presenza das dúas voceiras municipais do PP na bisbarra do Val Miñor, Paula Bouzós, de Gondomar, e María José Pìno, de Nigrán.