O PP de Pontevedra celebra que os orzamentos da Xunta destinen aos concellos do sur da provincia 33,3M de euros
Porriño, 21 de outubro de 2023.
Os deputados Alberto Pazos, Felisa Rodríguez e Moisés Rodríguez compareceron en rolda de prensa onde destacaron a aposta da Xunta polos concellos do sur da provincia que contarán no ano 2024 cun orzamento de máis de 33,3 millóns de euros.
Os deputados que estiveron acompañados de alcaldes e portavoces dos concellos da comarca resaltaron que o Goberno galego vén de aprobar os orzamentos máis elevados da súa historia para investir en estabilidade, nas persoas e no futuro, ademáis de consolidar todas as rebaixas fiscais que estaban en vigor.
“A Xunta de Galicia é a administración que máis inviste, de longo, nestes concellos pontevedreses, xa que o punto de partida en investimentos vaise ampliar ainda máis a través dos plans, convenios, ordes de axudas ou novos proxectos que xurden ao longo do ano”, manifestou Alberto Pazos.
As actuación máis importantes recollidas nas contas galegas para estes concellos engloban medidas pervención de risco dos ríos Miñor e Zamanáns, en Gondomar; 1M € en actuacións en materia de humanización no marco do Plan Hurbe; 2.5M euros no centro de coidados do Rebulón, en Mos; e a ampliación do centro de saúde de Porriño. Así como a vía de alta capacidade Tui-A Guarda, dotada con 5M euros e a ampliación do IES PEDras Rubias, en Salceda de Caselas
“Unhas contas que reflicten o compromiso da Xunta con esta comarca, que reflicten que o Goberno galego cumpre cos nosos concellos, que non para de traballar e de acadar obxectivos”, indicou Moisés Rodriguez.
Ademais, a Xunta vai invertir a maiores en toda a provincia 6.6M euros para o fomento da mobilidade sostible urbana e interurbana con sendas peonís e ciclistas, preto de 5M euros en melloras da seguridade viaria, 6.8 M euros en reforzo do firme e conservación; e máis de 10M euros da Axencia de Turismo para infraestruturas turísticas, no Camiño de Santiago e na rede de albergues, entre outros, ademáis de seguir apoiando a promoción e difusión do turismo na nosa provincia.
No eido deportivo cabe destacar as transferencia a entidades, federacións e técnicos, as axudas á fundación deporte galego, o bono deportivo dotado con 6.4M euros para a provincia; e o Plan específico de acción comunitaria destinados a asociación rurais, que conta con 1.7M euros; case 1M euros para os consorcios provincias contraincendios; 22.M euros para accións formativas cualificación desempregados e 12.4M para Obradoiros Duais de emprego 2024-2025.
No eido de Política Social, a provincia conta con 90M euros para funcionamento de de centros públicos, preto de 12M euros para tarxeta benvida e bono coidade e máis de 20 M euros gratuitade escolas infantís.
GONDOMAR | MEDIDAS PREVENCIÓN RISCO INUNDACIÓN RÍOS MIÑOR E ZAMÁNS | 1.970.000 € |
MOS | PLAN HURBE | 1.000.000 € |
MOS | proxecto do novo centro de saúde de Mos | 300.000 € |
MOS | actuacións en materia de humanización no marco do Plan Hurbe | 1.000.000 € |
MOS | POLÍGONO MOS-REDONDELA | 753.451 € |
MOS | CENTRO COIDADOS INTERMEDIOS REBULLÓN | 2.500.000 € |
NIGRAN | APARCAMENTO DISUASORIO AG57 | 120.000 € |
O ROSAL | SOGAMA- MELLORAS PLANTA TRANSFERENCIA | 83.498 € |
OIA | MELLORA COMPORTAMENTO HIDRÁULICO RÍO VILADESUSO. FASE II | 410.000 € |
PONTEAREAS | EXECUCIÓN E EXPLOTACIÓN SANEAMENTO E DEPURACIÓN | 970.000 € |
PORRIÑO | ampliación do centro de saúde do Porriño | 2.000.000 € |
PORRIÑO | Polos de emprendemento | 120.000 € |
PORRIÑO | SOGAMA Melloras planta de transferencia | 148.000 € |
PORRIÑO | actuacións en materia de humanización no marco do Plan Hurbe | 450.701 € |
REDONDELA | OBRAS DE AMPLIACION IES PEDRO FLORIANI | 1.230.000 € |
REDONDELA | CAPD REDONDELA | 1.000.000 € |
SALVATERRA DE MIÑO | PLISAN | 3.925.724 € |
SALCEDA DE CASELAS | AMPLIACIÓN DO IES PEDRAS RUBIAS | 1.693.602 € |
SOUTOMAIOR | MELLORA SISTEMA DEPURACIÓN RÍA VIGO- ENSENANADA SAN SIMÓN | 100.000 € |
SOUTOMAIOR | proxecto do novo centro de saúde de Soutomaior | 300.000 € |
TUI | VAP TUI-A GUARDA | 5.000.000 € |