Os candidatos do PP amosan o compromiso claro do PP co sector do mar: “Con Feijóo terán o aliado e o apoio que lles faltou durante os anos de sanchismo”

20, xullo, 23.-

Os candidatos ao Congreso, Ana Pastor, Irene Garrido, Pedro Puy e Rosa Quintana amosaron esta mañá o compromiso dos populares co sector do mar, un “compromiso claro” cun dos sectores fundamentais da provincia e de Galicia, e puxeron sobre a mesa as consecuencias negativas que está tendo sobre o consumo dos seus produtos a carga impositiva que teñen.

Ana Pastor subliñou que si o PP gaña as eleccións o domingo, “terán no Goberno de Feijóo un aliado e o apoio que lles faltou durante os anos de sanchismo”. A número 1 da provincia pediu compromiso e apoio ao sector nun momento no que se están perdendo caladoiros e oportunidades. “Feijóo non necesita que ninguén lle explique a importancia e as necesidades deste sector porque as coñece de sobra e, ademais, no noso programa político están recollidas todas e cada unha das súas necesidades”. Así, dixo que apostan polo respecto ao medio ambiente, como se comprobou na Lei do litoral do Goberno galego, pero de xeito compatible cun litoral produtivo, que xere riqueza e emprego. “O sector mar-industria é clave para a provincia e polo tanto tamén é importante para o Partido Popular”, sinalou, ao tempo que apuntou que unha das primeiras medidas que tomarán os populares será reducir o ive do peixe e das conservas.

Foi durante unha reunión con representantes da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, á que tamén asistiu a presidenta local, Marta Fernández- Tapias, e na que Pedro Puy manifestou a importancia de “escoitar aos armadores, coñecer os seus problemas e trasladarlles o noso apoio e compromiso claro con este sector e cunhas reivindicacións que son xustas fronte a unhas decisións que
se están tomando sen ningún respaldo científico e con grande impacto nun dos sectores máis importantes da nosa provincia”. Ademais, lamentou que “están atravesando unha situación moi complicada como consecuencia dunha mala negociación en Europa”.

Por últimos, Rosa Quintana incidiu tamén en que “o sector non está vivindo o seu mellor momento”, e lamentou que “desde o Goberno de España non se soubo defender nin con argumentos nin con datos a importancia deste sector”. Ademais, dixo que nestes anos “imperou un ecoloxismo mal entendido, intentaron deixar a costa fóra de toda actividade económica e ao sector se lle deron moitos golpes durante este mandato”.

A reunión dos armadores foi a primeira parada da axenda dos candidatos populares en Vigo, nunha intensa xornada de campaña que na cidade olívica tamén incluíu encontros con outros dos colectivos fundamentais, como son os perruqueiros e os centros de estética e os clubs deportivos locais.

REDUCIÓN DO IVE DAS PERRUQUERÍAS
A continuación, as candidatas populares mantiveron un encontro con Jesús Saiz Vidal, presidente da Federación de Empresarios de Perruquería e Estética de Galicia, e volveron a amosar o seu compromiso para reducir o ive das perruquerías, unha demanda que os populares reclamaron con insistencia nos
últimos anos no Congreso e no Senado e que, si Feijóo Goberna a partir do domingo, será unha realidade. Pastor subliñou que a maior parte son autónomos, que sufriron un grande impacto coa pandemia, e que agora tamén se ven prexudicados co incremento dos prezos e dos custes da luz e, polo tanto, as que sobreviven o fan con moita dificultades.

APOIO DECIDIDO AO DEPORTE FEMININO
E por último, esta tarde manterán un encontro con representantes de clubs e entidades de Vigo, no que os populares presentarán as propostas en materia deportiva do programa electoral co que concorren ao 23 de xullo, un proxecto co que os populares aspiran a que España sexa aínda máis referente global do deporte, que contribúa á proxección do país en todo o mundo. No encontro, no que con Ana Pastor e Irene Garrido estiveron o tamén candidato Pedro Puy e a presidenta local, Marta Fernández-Tapias e o Secretario Xeral para o Deporte do Goberno galego, José Ramón Lete, explicaron que o PP proporá un plan nacionalpara a saúde física e mental a través do deporte e seguirá impulsado a estratexia de fomento da actividade física e loita contra o sedentarismo, incrementando as sesións e o horario do currículo da educacións física en primaria e secundaria. No seu programa, inclúen tamén a xeneralización da receita deportiva para que a actividade física orientada á saúde consolide o seu papel determinante e sexa un factor de igualdade.

Con respecto ao deporte feminino, destacaron que o PP apoiará de xeito decidido para promover unha maior visibilización e ofrecer maior apoio para a súa proxección competitiva, nacional e internacional, pero tamén promoverá a presencia da muller na xestión e liderazgo deportivo. E apostan tamén por apoiar a celebración de competicións deportivas como escaparate, e traballarán da man dos axentes deportivos para fortalecer o sistema competitivo, avanzarán no investimento social no deporte a través de formas de mecenazgo e incentivos fiscais e por presentar os valores deportivos en todos os ámbitos de práctica deportiva, tanto a nivel profesional como amateur.