Ana Pastor di que é momento de que no Goberno central haxa un presidente como Feijóo, con capacidade para resolver os problemas da provincia e da cidadanía
12, xullo, 23.-
A candidata ao Congreso, Ana Pastor, acompañada pola voceira do PP local, Elena Estévez, percorreu esta tarde o centro da Bueu para falar cos veciños, escoitar as súas preocupacións e explicar o proxecto de Núñez Feijóo.
Pastor sinalou que “o PP conta cun gran equipo na provincia para poder traballar no Congreso e no Senado polo futuro Goberno de España”, e puxo en valor a importancia de contar cun presidente como Feijóo, “que coñece as prioridades de cada concello da provincia e ten demostrado a súa capacidade e compromiso para resolver os problemas da cidadanía”.
Durante o percorrido destacaron que na rúa percíbese que hai un ambiente de cambio. “A xente xa coñece o que foi a política xeral estes cinco anos, cales foron os pactos e a situación política de Pedro Sánchez, e por iso queren volver á política seria, rigorosa e con sentido común, e non hai ninguén que represente mellor estes valores que Núñez Feijóo´”.
Por iso, Pastor pediu que o 23 de xullo ninguén se quede sen votar polo cambio: “Pedimos o voto a todas as persoas que queren que as cousas cambien, que creen que chegou o momento de ter tranquilidade, de deixar atrás os enfrontamentos e sobre todo, que queren políticas que cheguen a todos os territorios e cidadáns”.
Por último, insistiu en que “outro modo de gobernar é posible. Hai dúas opcións, ou votar a Núñez Feijóo ou votar ao Sanchismo e ao Goberno Frankenstein que tantos desgustos, desazón e enfrontamentos provocou”.