Vidal Seage fai un chamamento á mobilización social para que unha iniciativa popular recupere a Festa da Lamprea tras a súa cancelación por terceiro ano consecutivo polo goberno local

Pontecesures, 14 de marzo de 2026

O voceiro municipal do PP de Pontecesures, Manuel Vidal Seage, vén de facer un chamamento á mobilización social para que unha iniciativa popular recupere, a ser posible este mesma primavera, a Festa da Lamprea tras a súa cancelación por terceiro ano consecutivo a mans do goberno local de Maite Tocino.

O representante popular está convencido, ante o “abandono” do escenario gastronómico de Pontecesures a mans do bipartito, de que a veciñanza “será a que acabe marcando o rumbo” neste eido tan importante para os sectores pesqueiro, turístico e hostaleiro do municipio.

O concelleiro indicou que a organización da Festa da Lamprea é complexa pola volatilidade dun produto que depende de numerosas variables incontrolables, dos ciclos do peixe e da situación do río, pero cre que dita exaltación “debe saír sempre adiante, con maiores ou menores dificultades, dado que se trata dunha sinal de identidade colectiva imprescindible para os cesureños, dunha gran oportunidade para a hostalería e dun escaparate inmellorable e único do noso concello en toda Galicia”.

Por iso, lamenta que, co cambio de goberno, non se conseguise sacar adiante nunca esta festa, algo que achaca ao “nulo interese, falta de traballo, deixación de funcións e fuxida das responsabilidades” de Maite Tocino. Neste senso, lembrou que a festa paralizouse coa súa 25ª edición, celebrada en 2023 e organizada polo anterior goberno do PP, mentres o executivo municipal leva tres anos seguindos “tratando de pasar páxina e poñéndose de perfil malia que a veciñanza está inqueda pola nula posta en valor da lamprea e de Pontecesures e que existe preocupación e incluso indignación por esta circunstancia”.

Vidal Seage califica esta nova suspensión da festa como un “erro político e social grave”, xa que lembrou que anos anteriores “aínda tiñan a vaga excusa, que a nós non nos serve, da falta de lamprea, pero neste ano 2026 atopámonos nunha situación excecional de moitísima abundancia de peixe no río”.

Así, o voceiro municipal indicou que dito pasotismo xa se detectou hai dous anos meses, que era cando había que comezar a organizar a festa da man dos valeiros, e non se fixo absolutamente nada, mentres que a última hora trataron de “salvar o expediente” cunha experiencia gastronómica sensorial en torno á lamprea limitada a trinta persoas “no que consideramos que é unha actividade exclusiva e pechada que non responde á demanda da sociedade cesureña en torno á exaltación do noso gran produto xunto co churro”.

Por iso, e tras lembrar que a propia Tocino e o BNG sempre criticaron os investimentos realizados para a promoción da lamprea e do churro cando estaban na oposición, rematou sinalando que non se agarda ningún impulso nesta materia da man do BNG e animou á veciñanza a exaltar e promocionar este peixe desde o ámbito cidadá “ata que se produza un necesario cambio de goberno no que as cuestións que importan a Pontecesures volverán a ter a importancia que demanda a nosa sociedade”.