Somoza: “O proxecto de centro asistencial presentado polo bipartito é o que fixo o PP, pero entendo que Camiñas minta porque lle doe admitir que é a nosa proposta”
Rodeiro, 21 de xuño de 2025.-
A voceira municipal do PP de Rodeiro, Cati Somoza, vén de replicarlle ao rexedor local sobre a procedencia do proxecto do Centro Polivalente de Uso Asistencial e de reiterarlle o seu agradecemento e benvida por sumarse á iniciativa impulsada polos anteriores gobernos populares: “O proxecto do edificio asistencial presentado polo bipartito e aprobado pola Deputación é o que fixo o PP, exactamente o mesmo documento, pero entendo que José Luis Camiñas minta e intente diferenciarse porque lle doe admitir que é a nosa proposta”.
Por elo, e ante a negativa do rexedor a recoñecelo, a concelleira popular retouno a que colgue os dous proxectos na páxina web do Concello para que os veciños poidan comprobar o que todo o mundo sabe “e é que é o mesmo e só lle cambiaron a portada e a data, pero non ten que tomalo a mal, alegrámonos que se sume a esta idea do PP porque é unha gran iniciativa para Rodeiro”.
Somoza califica de “ridículo” que Camiñas se empeñe en dicir que o anterior proxecto era unha Casa da Cultura, xa que o presidente da Deputación e ex alcalde, Luis López, cansouse de ensinar e explicar o deseño como Centro Polivalente de Uso Asistencial con centro de estancia diurna con 40 prazas para maiores e Punto de Atención á Infancia con 30 prazas.
“Camiñas non é así realmente, pero está obrigado a esta mentira e a esta belixerancia porque llo impón o radicalismo de Alberte Lamazares e de Unidade por Rodeiro, que xa sabemos que, nos pactos de perdedores, é quen ten collido ao alcalde, por que se eles queda sen despacho”, apostillou.
Finalmente, e respecto á demanda de máis fondos para esta obra por parte da Deputación tras recibir 500.000 euros de Luis López ao abeiro do Plan Provincia Extraordinara, Somoza lembroulle que as administracións do PP, como a Deputación, son as que realmente son sensibles ás demandas de Rodeiro e por iso pon á súa total disposición 640.000 euros cada ano que pode destinar a este centro asistencia, así que animouno a pechar canto antes todo o financiamento para o edificio con fondos provinciais.