Somoza lamenta que Camiñas “faga invisible” a Rodeiro ante a Xunta e critica que a súa política de confrontación e falta de traballo impidan conseguir máis investimentos
Rodeiro, 25 de outubro de 2025.-
A voceira municipal do PP de Rodeiro, Cati Somoza, ven de amosar o seu asombro pola valoración realizada polo alcalde, José Luis Camiñas, sobre os Orzamentos da Xunta 2026 e lamentou que sexa o propio rexedor o que “faga invisible” ao Concello ante o Goberno galego e as demais administracións pola súa política de confrontación e total falta de traballo para conseguir máis investimentos.
A concelleira popular revertíu os lamentos de condena proferidos polo alcalde sinalando que el e o seu bipartito son “a auténtico condena e un lastre moi pesado” para o futuro de Rodeiro, xa que non piden as actuacións formalmente polos canles establecidos, nin presentan proxectos e se limitan á confrontación institucional, como no caso do mantemento do colexio ou do SAF, “o que é unha vía errada para conseguir cousas” ao tempo que prefiren buscar como aliados a persoas condenadas pola xustiza antes que aos conselleiros.
“O nivel de ineficacia e incapacidade do alcalde está chega a niveis de récord e iso, engadido á súa vagancia, está a facer que perdamos moitas oportunidades por non dicir practicamente todas, xa que aínda nos queda un fío de esperanza porque estamos a ser rescatados pola Deputación grazas ao nivel de compromiso de Luis López. Con esta dinámica moito nos tememos que os grandes investimentos e proxectos da Xunta volverán a Rodeiro cando haxa un goberno forte e unido da manda dunha alcaldesa do PP”, significou a edil.
Cati Somoza cre ademais que as “mentiras de Camiñas teñen as patas moi curtas” tras lamentar que non se fixeron investimentos importantes nos últimos vinte anos, xa que lembrou a mellora da colexio, a reforma da estrada de Agolada, o arranque do centro asistencial, o pavillón, o campo de fútbol ou as Casas do Maior, só por citar os máis recentes. Pero en todo caso, cre que para manter este ritmo “Rodeiro necesita outro alcalde”
“Camiñas di que a Xunta se esquece de Rodeiro, pero é o propio Camiñas o que se esquece de Rodeiro, xa que non fai o traballo mínimo dun alcalde, que é pedir, pedir e pedir incansablemente. Cando di que somos invisibles o que debería facer é marchar para casa, porque esa é unha responsabilidade exclusivamente súa, a de facernos visibles”, sinalou a popular.
Finalmente, revelou que moitos concellos con gobernos socialistas, como Meis (1 millón de euros), Cambados (9 millóns), O Grove (1,8 millóns), Caldas (3 millóns) ou Cuntis (1,1 millóns) “si que aparecen nas contas da Xunta para 2026, polo que ben se ve que non hai discriminación nin castigo agás o que lle inflixe o propio Camiñas a todos os veciños coa súa vagancia”.