Santiago Davila explica que foron os propios socios do Goberno da alcaldesa quenes non lle aprobaron a norma para actuar nas fincas sen limpar no concello
Salceda de Caselas, 23 de xullo de 2025.
O voceiro municipal do PP de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, explica que non só foi o PP o que tumbou a norma para actuar nas fincas que están sen limpar no concello, senón que foron os propios socios do Goberno local, quenes non apoiaron ou non estiveron na votación desta ordenanza municipal.
O voceiro popular explicou tamén que, neste tema, hai que darlle participación a todos os colectivos, como son as comunidades de montes, para que poidan aportar e poder debatir o que se vai aprobar no Pleno. Reiterou que “alómenos debería haber un prazo mínimo para a presentación de alegacións dos colectivos implicados e grupos da Corporación, antes de sometelo a aprobación plenaria”.
O concelleiro popular manifestou que os veciños de Salceda non se merecen esta continuada e nefasta xestión da alcaldesa, – o que xa se lle presumía a este executivo en minoría-, que só tiña e teñen como único obxectivo, que non gobernásemos, e o demáis, sempre é secundario para os grupos de esquerdas.
Bótalle en cara que non ten a altura política “para acadar acordos, que nen os que a fixeron alcaldesa na maioría das cuestións non lle dan o seu apoiou, pero si a manteñen de rexedora, sendo Psoe e BNG cómplices desta situación de ingobernabilidade e división” , manifesta.
Asemade, transmite a necesidade de dar “moita máis participación, e non digamos transparencia, xa que non se pode permitir a imposición que pretende a alcaldesa en todas as cuestión municipais a golpe de: ou isto ou nada!, así no vamos ben”
O goberno minoritario de catro concelleiros de Movemento Salceda, sempre busca excusas , culpables e señalamentos ante a frustación e impotencia de non acadar os votos entre os que a auparon a alcaldía, acabando señalando a quenes “temos como único interés servir os salcedenses e non a catro persoas que desprezan o Grupo maioritario da Corporación, e non a quenes non queren apoiar a alcaldesa que eles –Psoe , Bng- mesmos nombraron”, conclúe o voceiro do Partido Popular