Rafa Domínguez asiste á Cea Tómbola organizada pola AECC en Pontevedra para recadar fondos
18 de xullo de 2025.
O presidente do Partido Popular de Pontevedra e vicepresidente da Deputación provincial, Rafa Domínguez, xunto coa senadora e secretaria xeral do PP, Pepa Pardo, coa deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, co deputado de Cultura, Jorge Cubela, co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera e os concelleiros Juan Manuel Muñoz, Martín Martínez, Silvia Crespo e Raquel Martínez, acaba de participar na Cena Tómbola organizada pola Asociación Española Contra o Cancro de Pontevedra no Parque Liceo Casino na Caeira. Trátase dun evento que celebra neste 2025 a súa vixésimo oitava edición e que ten por obxectivo recadar fondos para axudar aos pacientes oncolóxicos e ás súas familias a sumar recursos para impulsar a investigación sobre o cancro.