Pérez: “Que o bipartito decida prorrogar os Orzamentos 2024 é unha renuncia total a gobernar e afondar na parálise de Caldas”

Caldas de Reis, 4 de febreiro de 2025.-
O voceiro municipal do PP de Caldas de Reis, Fernando Pérez, lamentou a decisión do alcalde, Jacobo Pérez, de desbotar a elaboración dunhas contas para o presente ano 2025, xa que cre que isto suporá un novo freo ao desenvolvemento do Concello: “Que o bipartito decida prorrogar os Orzamentos 2024 é unha renuncia total a gobernar, unha abdicación a defender os intereses dos veciños e un afondamento na parálise que sufre o municipio”.
O concelleiro popular tilda de “inaudito” que o alcalde admita publicamente que a mellor opción para o Concello sexa funcionar coas contas do ano pasado , “que é algo que non lle pasa pola cabeza a ningún goberno, xa que os únicos que non as aproban son aqueles que están en minoría e non teñen os votos para facelo porque indiscutiblemente é moito máis óptimo ter os orzamentos actualizados”.
Ademais, cre que as manifestacións do rexedor de que optan por esta medida, xa que o ano pasado quedaron todos os investimentos sen facer, cunha contía cativa de apenas 800.000 euros, supón “unha enmenda á totalidade da xestión do goberno de Juan Manuel Rey do que formaba e forma parte e que simplemente trata de agochar a súa ineficiencia na suposta falta de permisos sectoriais cuxa consecución, en todo caso, é da súa responsabilidade”.
O edil do PP tamén criticou que os socialistas sigan falando de xeito recurrente de avanzar no saneamento “cando non se fai nunca nada nesta materia nunha auténtica tomadura de pelo aos veciños”. “O PSOE sempre opta polo comodín do alcantarillado, pero a verdade é que xa non coa, porque se cada vez que falan do saneamento lles desen un euro, xa terían cartos para págalo completo”, ironizou o voceiro municipal.
Fernando Pérez tamén se referíu aos tres supostos proxectos de ampliación de parques empresariais anunciados polo alcalde e estima que se trata “dunha cortina de fume”, posto que o propio Jacobo Pérez admitíu que en Veigas de Almorzar, o asentamento máis importante do municipio, é inviable economicamente polas esixiencias do Ministerio de Transportes. Ademais, engadíu que no caso de Paradela “tamén estamos ante un máis que seguro incumprimento, posto que Zona Franca é especialista en anunciar e non cumprir tras prometer 27 en toda a provincia de Pontevedra”.
Finalmente, esixíulle ao novo alcalde “máis traballo e menos autocomplacencia” tras asegurar que traballará para consolidar a Caldas como referente comarcal, “que é algo que podía facer cun novo auditorio, xa que temos o peor da bisbarra e a nosa banda vai ensaiar a Portas” e lamentou que o bipartito decidira non asinar o convenio coa Xunta para o novo centro de saúde a finais de decembro “só para impedir que fora rubricado polo alcalde accidente, o nacionalista Manuel Fariña, e que deste xeito se puidese lucir o novo rexedor aínda que elo supoña un prexuízo e un novo retraso para os veciños de Caldas”.