Os senadores pontevedreses reclaman ao Ministerio de Xustiza explicacións sobre o trato discriminatorio á provincia coa creación das novas unidades xudiciais

Pontevedra,  de febreiro de 2026.-

Os senadores do PP de Pontevedra, Pepa Pardo, Nidia Arévalo e José Crespo presentaron unha batería de preguntas ao Goberno solicitando explicacións, sobre o anuncio o pasado 26 de xaneiro do ministro de Xustiza, da creación de 500 novas unidades xudiciais, das cales a provincia de Pontevedra sofre un trato claramente discriminatorio por parte do Estado.

A senadora Pepa Pardo, reclama explicacións polo verdadeiros motivos polos que só o 3,8% das prazas xudiciais de nova creación destínanse a Galicia mentres que o 19% créanse en Cataluña e a qué criterios concretos obedece a non creación de novas prazas xudiciais en poboacións como Vilagarcía de Arousa e Ponteareas.

Ademais, lamenta que non se atenda a petición da creación dunha praza de maxistrado ou maxistrada na Sección 6ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo a pesar do nivel de retrasos que presenta e a que criterios obedece a non creación da 2ª praza no Xulgado do Mercantil en Vigo, cando está completamente colapsado.

“Como se vai a liquidar o prexuízo ocasionado coa creación á conta dos Xulgados de instrución nº 8 de A Coruña e Vigo das seccións de violencia sobre a muller en Coruña e Vigo, xa que as novas prazas de instrución de Vigo e Coruña arrincarán de cero, sen expedientes”, pregunta Pepa Pardo.