Os senadores e deputados pontevedreses denuncian o caos ferroviario en Pontevedra que se sitúa nunha das provincias máis afectadas en toda España en número de vías con limitacións de velocidade
Pontevedra, 5 de febrero de 2026
As senadoras do PP de Pontevedra, Pepa Pardo e Nidia Arévalo; e os deputados nacionais, Juan Bayón e Pedro Puy, compareceron hoxe diante da estación de tren de Pontevedra, onde denunciaron o caos ferroviario que está sofrindo España, e a maiores, Pontevedra que é unhda das provincias máis afectadas en liñas con limitacións de velocidade.
O deputado nacional, Pedro Puy, amosou en primeiro lugar a súa solidariedade cos traballadores de Renfe e Adif, que están a pasar por uns momentos realmente tamén difíciles por todos os problemas que hai coa xestión deste caos ferroviario e cos usuarios do transporte ferroviario.
“Ademais, hoxe coincide nun día onde se suspendeu toda a circulación ferroviaria na provincia, o que da boa proba do caos no que estamos. O caos, ademais, non é porque non houbese advertencias. En distintas ocasións, tanto a propia Axencia de Seguridade Ferroviaria, como os maquinistas, como os usuarios, denunciaron que estaba a haber problemas. E estamos a asistir a unha continua sucesión de atrasos, de avarías, etc, que deixan moi lonxe e moi real esa frase que se dicía hai pouco de que “o tren vivía e a alta velocidade vivía o mellor momento da historia de España”. En apenas unhas semanas, non só non vive o mellor momento, senón que o que ían ser 350 km/h en alta velocidade convértese en reducións e limitacións de velocidade constantes e permanentes”, lamentou Pedro Puy.
Pedro Puy explicou que, “os deputados e senadores de Pontevedra seguiremos non só pedindo que se supere este momento de caos na xestión, senón tamén a mellora, a recuperación das frecuencias que se perderon coa COVID. Por suposto, que se avance nas infraestruturas estruturas que están pendentes, como o saída sur de Vigo e a mellora dos materiais. E tamén, por suposto, a atención aos usuarios, porque quizais hoxe o máis lamentable non é que haxa que suspender, que xa veremos as causas, polas que suspendeu toda a circulación na provincia, senón que nin sequera déase unha alternativa aos usuarios, que ven forzados, no mellor dos casos, a coller o coche e lanzarse á estrada nunhas condicións meteorolóxicas adversas”.
A senadora pontevedresa, Pepa Pardo comezou esixindo responsabilidades, porque “a data de hoxe as responsabilidades asumidas políticas como consecuencia do accidente de Adamuz e como consecuencia da falta de xestión, foron cero. Cero responsabilidades políticas. Onte mesmo, no Senado, reprobabamos prácticamente por unanimidade ao ministro de Transportes, Óscar Puente, e esixíamos a súa dimisión”, precisou Pardo.
“Temos un ministro, Óscar Puente, que en lugar de estar a traballar polo mantemento das vías ferreas, pola seguridade ferroviaria en España, dedicase a ser tuitero, a insultar á xente en redes sociais. Óscar Puente debe dimitir pola súa xestión”, precisou Pepa Pardo.
A popular pontevedresa puxo en valor o traballo, que se está levando a cabo tanto no Congreso como no Senado, para chegar ao fondo do asunto, para coñecer todo o estado da situación ferroviaria. “Por iso imos crear no Senado unha comisión de investigación para coñecer todo o estado e a seguridade, mantemento das vías ferrias en toda España. Ademais, queremos tamén que se nos explique por qué se suprimiu a Unidade de Emerxencias de Seguridade e Xestión de Crise, así como a totalidade das contratacións que foron adxudicadas por ADIF e por Renfe desde o ano 2018, entre outras cousas, porque non se atenderon as advertencias que levaron a cabo polos maquinistas”, avanzou a senadora.
“Pontevedra é unha das provincias máis afectadas en limitacións de velocidade. E hoxe podemos ver de primeira man, efectivamente, o caos ferroviario no que nos teñen sumidos, precisamente por unha mala xestión. E termino como empecei. Óscar Puente, dimisión”, rematou Pepa Pardo.