Os populares pontevedreses reclaman ao Estado que cumpra co financeamento da Lei de Dependencia e abone da maneira inmediata a débeda acumulada na provincia que acada preto de 900M€
Pontevedra, 23 de febreiro de 2026.-
O presidente provincial do PP, Luis López, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reclamaron esta tarde ao Goberno central que cumpra coa Lei de Dependencia e asuma o financeamento do 50% do SAF e abone de maneira inmediata a débeda acumulada con Galicia que acada os 2.900 millóns de euros, dos cales preto de 900 millóns de euros corresponden á provincia de Pontevedra.
Luis López e Fabiola García mantiveron esta tarde unha reunión cos alcaldes e voceiros da provincia de Pontevedra para analizar a moción do PP provincial que se debaterá no pleno da Deputación o vindeiro vernes para reclamarlle ao Goberno de España que cumpra co establecido na Lei de Dependencia e asuma o financiamento do 50% do custo dos servizos e prestacións, garantindo un reparto equitativo dos recursos entre o Goberno de España e as comunidades autónomas.
“Pontevedra é unha das provincias máis afectadas, indicou o presidente provincial. Temos unha débeda acumulada coa provincia que ascende a preto de 900M€, polo que é necesario que de maneira inmediata se abone esta débeda para poder fortalecer o sistema de atención á dependencia na nosa provincia., xa que o Servizo de Asistencia no Fogar (SAF) é un dos piares fundamentais do sistema de atención á dependencia”, indicou Luís López.
O presidente provincial agradeceu o acordo da Xunta de Galicia e o seu compromiso co Servizo de Axuda no Fogar, xa que nos vindeiros tres anos este mesmo ano, os 61 concellos pontevedreses. Un total de 37,2 M€ extras nos vindeiros tres anos (2026-2028) para o financiamento do SAF. Polo que a cifra total que inxectará a Xunta nos concellos da provincia nos vindeiros tres anos será de 126,6 M€.
Pola súa banda, Fabiola García solicitou que se incrementen os fondos destinados ás comunidades autónomas para a atención á dependencia, asegurando que todas as persoas con dereito a prestacións poidan acceder a elas sen demoras inxustificadas, e que se se establezca un plan de financiamento estable e plurianual, que permita ás comunidades autónomas planificar e mellorar os servizos de dependencia con previsibilidade e seguridade orzamentaria.
Fabiola García indicou que falar da financiación do SAF é falar da financiación da Lei de Dependencia. Tal e como establece dita norma, o sistema debe financiarse ao 50%, é dicir, corresponde en partes iguais ás Comunidades Autónomas e ao Goberno de España. Sen embargo, o Goberno de España non só non cumpre co financiamento da Lei de Dependencia senón que o reduce.
“De feito, e aínda que a alguén lle pode sorprender, o 69% dos concellos gobernados polo PSOE teñen xestión completamente privada, o mesmo que o 66% dos concellos gobernados polo BNG, algo que baixa ao 58% nos concellos gobernados polo PP. É dicir, que os concellos que máis privatizan o SAF son curiosamente os gobernados polo PSOE e polo BNG”, explicou a responsable de Política Social.
Incremento financiamento do SAF
A titular de Política Social lembrou que recentemente se ratificou coa FEGAMP o acordo para incrementar o financiamento do SAF. Deste xeito, a Xunta de Galicia subirá ata os 18 euros á hora a súa achega ao SAF esta lexislatura. Un incremento progresivo dun 50% neste mandato.
O acordo supón que a aportación da Xunta de Galicia pasa dos 12€/hora actuais a 16€/hora este ano, 17€/hora no 2027 e 18€/hora no 2028.O que implica unha aportación adicional de 150M€ máis en tres anos por parte da Xunta de Galicia.
De feito, nos orzamentos para este ano 2026 volvese a reforzar a partida destinada ao SAF, ata os 148M€. (140M€ en 2025).
Hai que ter en conta que o SAF é un servizo comunitario básico de competencia municipal, tal e como establece a Lei de servicios sociais de Galicia. De feito cada concello elixe o modelo de xestión que prefire, que vai desde a xestión pública ou municipalizada ata a xestión privada ou externalizada. Son modelos de xestión diferentes que van máis aló das ideoloxías ou dos partidos políticos que gobernan en cada concello.
Finalmente, a conselleira instou ao Goberno central a que retire o recurso ao Plan de choque da Xunta, que nestes momentos impide recoñecer de maneira automática a discapacidade a 2.600 galegos.