Os deputados pontevedreses manteñen unha xuntanza cos representantes da Fundación Galega contra o Narcotráfico onde reiteran o total compromiso do PP na loita contra esta lacra
Pontevedra, 17 de marzo de 2026.-
Os deputados nacionais, Irene Garrido, Pedro Puy e Juan Bayón, mantiveron unha xuntanza cos representantes da Fundación Galega contra o narcotráfico e reiteraron o compromiso do Partido Popular para seguir defendendo a loita co narcotráfico e tentar impulsar un consenso para que todas as forzas políticas remen na mesma dirección
Os populares explicaron que o grupo popular xa ten presentada unha Proposición de Lei contra a okupación no Senado e no Congreso, que foi paralizada por PSOE. Pero grazas á proposta do PP, aprobouse no Senado unha Lei para agravar a tenencia de combustible. Esta modificación incluíuse tamén na Lei contra a multirreincidencia, recentemente aprobada no Congreso.
Dende a FGCN sinalaron que cada vez a loita é máis complicada e que, feitos que se están vendo na costa Andaluza nun futuro próximo poderían verse nas costas galegas, polo que é necesario o reforzo das dotacións de persoal e medios para as unidades policiais e xudiciais; axilizar a execución de sentenzas a través de diversos mecanismos, especialmente mediante a incorporación de persoal neste ámbito da administración de xustiza e da ampliación das colaboracións con Interior, Axencia Tributaria, Oficina de Recuperación e Xestión de activos, Plan Nacional sobre Drogas, oficinas e entidades colaboradoras.
Ase mesmo, solicitan a reforma da Lei de Axuizamento Criminal para axilizar entrada e rexistro en narcopisos, así como facilitar a disposición de medidas cautelares inmediatas, que permitan actuacións como o desaloxo inmediato dos ocupantes e o precintado do inmoble.
O narcotráfico é o principal motor do crime organizado a nivel nacional e internacional; converteuse nunha pandemia cuxo crecemento, sofisticación e complexidade ameaza de forma directa a seguridade, a convivencia e o propio futuro dos estados e as súas institucións. Un escenario sumamente preocupante cuxas consecuencias se fan ver xa en Europa con estados seriamente comprometidos ante esta ameaza, como Francia, Suecia, Italia, Bélxica ou Países Baixos, nos que a situación de inseguridade chegou ata a sociedade civil e institución; e esta situación vai chegar a España se non se toman as medidas necesarias para evitalo, indicaron os representantes da FGCN.
Na mesma liña, dende a FGCN indicaron que o tráfico e o consumo de afecta de forma integral a todo o país sendo unha ameaza directa para a saúde, a seguridade, o benestar da sociedade e a propia integridade das institucións. Constátase un incremento notable da violencia, tanto entre as propias organizacións como desde esta cara as institucións e a sociedade civil. Crecen os asentamentos de bandas criminais procedentes de numerosos países, especialmente de Europa do Leste, Marrocos e América Latina que se unen aos locais, achegando unha cultura de extrema violencia que comeza a implantarse nas numerosas organización que operan en España. Neste contexto e nalgunhas zonas existe unha alarmante perda do principio de autoridade con preocupantes consecuencias, unha situación cada día máis dificilmente reversible ante a que é urxente e necesario actuar con maior contundencia.