Os deputados pontevedreses denuncian a liña de ferrocarril que une Catoira, Pontecesures e Padrón atópase pechada á circulación, dende fai 15 días sen ningunha explicación por parte do Ministerio de Transportes

Pontevedra, 19 de febreiro de 2026.-

Os deputados nacionais, Juan Bayón, Pedro Puy, e Irene Garrido denuncian que desde o 5 de febrero, a liña de ferrocarril convencional que une Catoira, Pontecesures e Padrón atópase pechada á circulación, sen ninguna explicación por parte do Ministerio de Transportes.

Os deputados pontevedreses indicaron que a maiores, desde ADIF e RENFE non se deron ningunha explicación acerca dos motivos que provocaron o peche nin que prazos prevense para a súa reapertura. A paralización da circulación está a producir importante malestar e desconcerto entre os veciños do Barbanza e do Salnés que empregan esta ruta ferroviaria a diario.

Polo tanto, esixen explicacións ao Ministerio de Transportes e Movilidad a que é debido a que se fora paralizada a circulación de trens pola vía convencional entre Catoira, Pontecesures e Padrón; qué prazo prevese para o restablecemento do servizo ferroviario e preguntan tamén se a circulación de trens entre Catoira, Pontecesures e Padrón era segura antes do peche da vía

Estación Catoira

A maiores, os deputados pontevedreses lamentan que a estación de ferrocarril de Catoira atópase dende fai anos completamente desatendida por parte do Goberno de España. Segundo os datos ofrecidos por Renfe, no ano 2023 dita estación de Catoira tivo 67.000 mil viaxeiros, uns datos que esixen un trato digno por parte do Goberno de España.

Dende fai anos, a estación non conta con persoal de Renfe presencial polo que os usuarios únicamente poden comprar billetes de forma telemática, o que non ocorre noutras estacións sen persoal de Renfe, onde algunhas contan cun sistema de información telemático que permite adquirir os billetes e recibir información que proporcionan teleoperadores en tempo real.

Ademais, lamentan o estado total de abandono que sofre a estación, que precisa urxentemente labores de mantemento, de limpeza, pintado de paredes, colocación taboleiros con horarios e números de axuda, entre otras cousas.

Polo tanto, os deputados solicitan ao Goberno que respondan se teñen pensando implementar un servizo de información telemático que permita adquirir billetes e recibir información en tempo real por teleoperadores na estación de ferrocarril de Catoira, e se van levar a cabo tarefas de mantemento e mellora na estación pontevedresa.