Os deputados pontevedreses denuncian a inacción do concello de Vilagarcía de Arousa de do Ministerio de Interior coa narcocasa de Trabanca Badiña

Pontevedra, 17 de febrero de 2026.-

Os deputados nacionais, Juan Bayón, Pedro Puy, e Irene Garrido, denuncian a inacción do concello de Vilagarcía de Arousa e do Ministerio do Interior en relación coa narcocasa que está situada en Trabanca Badiña.

Os deputados mantiveron unha xuntanza con representantes da Asociación de Veciños San Miguel, quen lle deron traslado da situación da narcocasa, da que levan dando conta ao concello do seu malestar dende fai meses, e nin caso lles fan, tendo que ver os veciños e os rapaces que alí viven como drogodepentes campan ás súas anchas, empregan a fonte do parque para asearse e día tras día teñen que sofrir como a súa parroquia volvese cada vez máis insegura, insalubre e perigosa para vivir.

Ademais, lembraron que no mes de setembro do pasado ano, dous homes resultaron feridos moi graves tras manter unha pelea a martillazos no entorno desta casa en Trabanca Badiña. “Non é a primeira vez que os veciños denuncian inseguridade e tampouco a primeira que se rexistra algún episodio no que tivesen que intervir efectivos policiais. Os veciños indicaron ademáis que a vivenda é un punto constante de menudeo de drogas, explicaron os deputados nacionais.

O deputado nacional, Juan Bayón, indicou que é unha auténtica vergoña que dende o concello non se faga nada. “Os veciños están desesperados e o alcalde ponse de costas ao problema, cando levan 3 anos denunciando e presentado instancias ao concello que di que non é da súa competencia”, indicou Bayón, quen tanto lamentou que dende o Ministerio do Interior non se tomen medidas e non e se reforze a presenza policial.

“Estamos a asistir a unha completa deixación de funcións por parte do alcalde. Pelexas constantes, drogodependentes na zona trapicheando e drogandose, cans de razas perigosas soltos, e mentres dende o concello miran para outro lado”, indicou Juán Bayón.

“Ogallá non teñamos que lamentar danos, porque logo será tarde para reparar e non servirá de nada lamentarse de algo que os veciños levan anos avisando e exisindo que se faga algo xa e de maneira inmediata con esta narcosasa”, lamentou o deputado nacional.