Os deputados e senadores pontevedreses mantiveron unha xuntanza con alcaldes, voceiros e concelleiros da comarca que lle trasladaron o seu malestar con respecto á actitude do Goberno central cos seus concellos

Venres, 7 de febrero de 2025.-

Os deputados e senadores da provincia de Pontevedra, Irene Garrido, Juan Bayón, Pepa Pardo e Nidia Arévalo mantiveron esta tarde unha xuntanza cos alcaldes, voceiros e concelleiros das comarcas de Pontevedra, Caldas, Morrazo e Salnés quen lle trasladaron as súas inquedanzas e o seu malestar con respecto a actitude do Goberno central cos seus concellos.

Á reunión tamén asistiu a secretaria xeral provincial, Luisa Piñeiro e representantes dos concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Poio Ponte Caldelas, Pontevedra, Vilaboa, Cambados, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e Soutomaior.

Na reunión deron traslado do seu malestar con respecto ao aumento da criminalidade en moitos dos concellos, e alertaron que seguen sen diminuír os delitos na provincia. Lembraron que na provincia de Pontevedra o catálogo da Garda Civil está incompleto e obsoleto, tendo un déficit de máis de 140 axentes, que fai que existan “cuarteis pantasmas”, onde se reduciu o horario de atención presencial e noutros e non abren todos os días nin as 24 horas do día.

Outras das queixas que lle deron traslado aos representantes da provincia, no Congreso e no Senado, é que se materialice dunha vez por todas o traspaso da titularidade da autoestrada AP-9 a prol da Comunidade Autónoma de Galicia, a anulación da prórroga da concesión ata o ano 2048 e a eliminación das súas tarifas de peaxe para que sexa gratuíta para todos os seus usuarios.

No que respecta ás estradas nacionais, lembraron que a Rede de Estradas do Estado na provincia de Pontevedra conta con 11 estradas que percorren 317,5 quilómetros por 28 concellos e que presentan moitas e graves deficiencias, especialmente no que se refire ao estado do firme e da plataforma, cunhas escasas labores de mantemento e conservación por parte do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible.

Estas Estradas Nacionais teñen unha importancia fundamental na mobilidade dos pontevedreses, posto que percorren de norte a sur e de leste a oeste os municipios de Pontecesures, Valga, Caldas, Barro, Pontevedra, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Mos, O Porriño, Tui, Dozón, Lalín, Silleda, A Estrada, Agolada, Cuntis, Vilagarcía, Vilaboa, Moaña, Forcarei, Cerdedo-Cotobade, A Cañiza, Ponteareas. Os populares reclamaron que o Estado debe actuar de maneira inmediata, xa que teñen maioritariamente o pavimento destrozado e presentan grandes fochancas e fendas, irregularidades que xeran moita inseguridade na circulación, así como graves problemas de drenaxe

Os populares deron traslado tamén da incertidume con respecto aos proxectos do paseo peonil de Pontevedra a Marín, unha actuación que está paralizada dende que o Goberno central anunciase que non se podía continuar co seu proxecto inicial; do  tan necesario dragado do Lérez, xa que a pesar de que a Xunta cumpriu co seu parte, a negativa do Executivo central para buscar un lugar alternativo para depositar a áridos, o Goberno central ten bloqueado, sen xustificación, a dragaxe da ría de Pontevedra.

O túnel da A-52 proposto polo Goberno central tamén foi tratado na reunión, xa que os populares amosaron o seu rexeitamento e instan ao Goberno de España novas alternativas ao trazado proposto pola grave afección que provoca aos concellos de Vigo e Mos, o que conleva un altísimo impacto territorial, ademais do corte de vías municipais estruturantes e múltiples afeccións a viadutos e augas, e que conta a maiores, cun  custe económico de execución, que acada preto de 400 millóns de euros. Solicitaron tamén a inmediata liberalización da peaxe do tramo Porriño- Puxeiros da AP-9 que transcurre alternativamente á autovía A-55.

Os deputados e senadores pontevedreses indicaron que aínda por riba o Estado dende que goberna o PSOE ten unha débeda coa nosa provincia que acada os 4.200 millóns de euros, e que seguirán reiterando ao Goberno central o que lle corresponde á nosa provincia, como o AVE Vigo-Porto, a lei do litoral, a falta de efectivos da Policía Nacional, os fondos de dependencia, e a reclamación de máis construcción de vivenda pública na nosa provincia, xa que na actualidade a Xunta está levando a cabo diversas iniciativas por distintos puntos da provincia, como son as 755 vivendas públicas en Vigo, 182 en Pontevedra, 24 en Mos e 6 en Tui, tendo a previsión de comezar novos proxectos co obxectivo de construír 4.000 novas vivendas públicas en toda Galicia ata o 2028.

Sen embargo, desde o Goberno de España, non se está levando a cabo ningunha medida que favoreza o acceso á vivenda na nosa comunidade, o contrario que si se está facendo noutros territorios de España, algo que enmarcaron na habitual política de discriminación, castigo e maltrato que adoitar ter o Estado coa nosa provincia e con Galicia, polo que instan a que se poña freo a isto, e que Galicia e Pontevedra teñan o mesmo trato que outras comunidades, xa que as 43.000 vivendas anunciadas polo Goberno central que se van poñer baixo o réxime de alugueiro asequible e as 80.000 que xa están en desenvolvemento, ningunha destas promocións están na nosa comunidade.