Os coordinador comarcal do PP en Deza-Tabeirós, Román Rodríguez destaca que os orzamentos da Xunta recollen as necesidades do presente e marcan as liñas do futuro no desenvolvemento neste territorio
Pontevedra, 22 de outubro de 2024.-
O coordinador comarcal no PP nas comarcas do Deza–Tabeirós, Román Rodríguez, destacou hoxe que os orzamentos da Xunta de Galicia para estas comarcas plantexan unha visión integral das necesidades do presente, e para fixar as liñas do futuro en aspectos tan básicos e fundamentais para a calidade de vida dos seus cidadáns, así como para o desenvolvemento do territorio.
Román Rodríguez explicou que a Xunta destinará para a comarca do Deza-Tabeirós máis de 37M€, que se destinarán á mellora da infraestrutras, con medidas como o orzamento de máis de 23M€ para a Autovía AG-59, moitas melloras e ampliación en centros educativos, e a ampliación do polígono de Lalín que conta cun orzamento de 4,4M€.
“Esta liña de traballo fixa un claro compromiso político do Partido Popular, e tamén por suposto da Xunta de Galicia, para actuar no presente pensando no futuro, pensando na calidade de vida dos cidadáns de ambas bisbarras, e tamén no seu desenvolvemento integral”, destacou o coordinador comarcal.
Román Rodriguez indicou que unha vez maís a Xunta amosa o seu compromiso coa comarca con investimentos tan importantes como son o novo edificio xudicial na Estrada, que conta cunha partida de 1,7M€, e tamén en Dozón, os 1,2 M€ para a construción do albergue de peregrinos; en Silleda, as obras de eficiencia enerxética de Semana Verde, que contan cunha achega de 1,5 M€ e o polo de emprendemento contará con 120.000 €.
No concello de Lalín, se mellorará o edificio de Medio Rural, con 2,5 M€; ademais de dúas partidas para a mellora do Camiño de Santiago e o Plan Hurbe con 290.000 € e 260.000 € respectivamente.