O tripartito aculta un achado arqueolóxico para evitar a paralización das obras na rúa Estrela

Cangas, 25 de marzo de 2025

O Partido Popular de Cangas, a través do seu concelleiro, Luis Feijóo, faise eco dun achado arqueolóxico de especial relevancia durante esta semana nas obras que o Concello está a acometer na Rúa Estrela. Preguntado o goberno Municipal durante o pleno do día de onte se constaba o achado e se se dera parte a Patrimonio da Xunta de Galicia, a resposta foi negativa.

Así constatouse a falta de coidado polo Patrimonio por parte do tripartito que non informou deste achado para que non interfiriran na execución das obras. “Uns feitos que imos a poñer en coñecemento deste departamento autonómico para que tome as medidas precisas que garantan a súa custodia e correcto coidado” explican desde a formación á vez que critican a pasividade e opacidade do equipo de goberno neste asunto.

O achado foi unha pedra labrada cunha faz, de tipoloxía perfectamente gótica e que se podería corresponder coa igrexa anterior á actual, polo que supón un achado histórico de especial relevancia para a historia da Vila de Cangas.

A pedra está gardada nunha casa que non é de propiedade municipal. Preguntada xente da contorna, parece ser que a empresa dera coñecemento do achado ao Goberno. Este feito, totalmente ilícito, pon de manifesto a falta de pudor e a falta de compromiso por parte do BNG, do PSOE e de EU co patrimonio de Galicia. “Uns feitos que volven a demostrar a falta de traballo e irresponsabilidade dos actuais responsables municipais” rematan.