O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López e a secretaria xeral provincial, Luisa Piñeiro mantiveron unha xuntaza en Vigo

13 de marzo de 2026

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López e a secretaria xeral provincial, Luisa Piñeiro mantiveron unha xuntaza cos alcaldes, voceiros, senadores, deputados nacionais e autonómicos da comarca de Vigo, onde o dirixente popular destacou que estas reunións  son fundamentais para escoitar e poñer en valor o traballo das corporacións locais da comarca viguesa.

 Na mesma liña, o presidente provincial fixo especial fincapé en que ”cando un está coa xente, a xente responde. En 2025 houbo moitos exemplos disto.  Demostramos que onde outros puñan moito sectarismo nós poñemos moito investimento. Demostramos todo iso, e eu quero darvos as grazas porque todos os que estades aquí contribuístes a que 2025 fóra un ano de grandes resultados para a provincia”.

Luís López animou a todos a seguir nesta liña. Pero tamén indicou que hai que seguir traballando, e que entre todos este ano será un transcendental na traxectoria do partido, para plantar a semente das vitorias de 2027.