O PP solicita ao Estado que mellore as condicións e a viabilidade dos viaxes do Imserso despois dos fiascos dos últimos anos
Pontevedra, 26 de outubro de 2025.-
O deputado nacional, Pedro Puy, avanzou hoxe, que o grupo popular no Congreso rexistrou unha proposición non de Lei, para garantir que se cumpran as condicións que poidan facer viables os programas do Imserso, despois dos innumerables fiascos do Goberno nos úttimos anos.
Pedro Puy explicou que os programas do Imserso para as persoas maiores, tanto os de Turismo Social como os de termalismo, teñen constituido ao longo das últimas décadas unha política pública de enorme valor social, económica e cultural. Por unha banda, pola mellora a calidade de vida e o benestar dos nosos maiores, e por outra banda, porque contribúes a dinamizar a actividade económica e á desestacionalización da demanda turística en multitude de zonas de toda a xeografía española na tempada baixa, garantindo tamén o emprego nestes destijnos turísticos.
O deputado nacional indicou que no programa de Turismo Social, creado no ano 1985, estaban implicados máis de 300 establecementos hoteleiros, aos que suman axencias de viaxes, restaurantes, cafeterías, empresas de transporte, locais de ocio, o que fai que de maneira directa e indirecta estean vinculados 100.000 postos de traballo cunha facturación de 600M€ en cada tempada.
No eido do termalismo, este ano participan 80 balnearios xerando 10.000 postos de traballo e cun impacto económico arredor de 110 M€euros, sendo un programa económico vital en comarcas do interior de España.
Pois dende antes da pandemia, onde foron paralizados os programas, distintos operadores turísticos instaron ao Goberno de Pedro Sánchez a dar comezo cunha análise para levar a cabo melloras cualitativas e cuantitativas das condidicións impostas aos empresarios debido á obsolencia dos últimos anos, cunhas condición tan malas e desventaxosas, que moitos deles rexeitaron seguir participando nestes programas,por ter que estar traballando e perdendo diñeiro.
Pedro Puy deu conta que o pasado mes de abril, a Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT), denunciou públicamente, que un ano máis, o Goberno seguría perpetuando a mesma dinámica de anos anteriores cos mesmos pregos de licitacións dos anos anteriores, sen garantir un marco económico estable nas zonas turísticas na tempada de inverno.
Os programas do Imserso teñen unha gran transcendencia socioeconómica, xa non só no mantemento dos postos de traballo en moitos destinos, do litoral e da España interior, senón tamñen por ser un programa por e para os nosos maiores, xa que moitos deles non poderían viaxar nin ir a balnearios, se non poideran contar cos programas do Imserso
O Grupo popular insta ao Goberno no Congreso a que tome medidas e mellore as condicións de contratación para as vindeiras tempadas, coa aplicación de prezos de mercado que cubran os costes reales de producción dos servizos nos aloxamentos; que amplíen a oferta, as prazas e o número de pernotacións, sen que iso teña que supoñer un aumento no custe da viaxe aos pensionistas, tal e como ocorre nesta tempada.
Dende o PP demandan que se cumpran os prazos e calendarios cunha planificación adecuada, evitando así perxuizos económicos ás empresas participantes con perdas; que se aposte pola diversificación e variedade nos productos ofertados; que simplifiquen e axilizen os procesos de reserva e xestión das prazas para os pensionistas; e que o Imserso poida seguir sendo un éxito para o mercado turístico español.