O PP provincial presenta na Deputación unha moción para instar de maneira inmediata ao Goberno central que desbloquee a dragaxe do Lérez

Pontevedra, 31 de xullo de 2025.-

O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra presentará este xoves no Pleno unha moción na que se insta a que de maneira inmediata o Goberno central desbloquee a situación da dragaxe do río Lérez.

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, que estivo acompañado pola alcadesa de Marín, María Ramallo e  polo alcalde de Poio, Ángel Moldes, acusou ao Goberno central que cinco anos aínda non determine o punto de áridos para poder levar a cabo a tan necesaria dragaxe.

O PP Provincial indicou que a dragaxe do rio Lérez, é unha das principais reivindicacións da cidadanía de Pontevedra desde hai décadas, xa que é unha actuación de gran importancia estratéxica para o futuro da ría de Pontevedra. Dende o ano 2021, esta actuación atópase bloqueada polo Ministerio de Transición Ecolóxica, xa que prohibiu a vertedura de áridos no punto exterior de Sálvora, paralizando así a dragaxe, non só do río Lérez, senón tamén de todas as dragaxes do litoral galego ao sur de Muros.

Dende a Xunta de Galicia xa se estivo reclamando do Ministerio a autorización dun novo punto de depósito dos áridos que se extraian desta obra e que permita desbloquear, dunha vez por todas, a dragaxe, unha obra demandada históricamente polas confrarías da ría, o Club Naval, o Concello de Pontevedra e por acordo unánime do Parlamento de Galicia. O Goberno galego ten consignada unha partida orzamentaria de 3M€ para a execución da dragaxe do rio Lérez, pero para poder executar dita partida, é necesario que o Ministerio determine o punto de depósito dos áridos.

O pasado 11 de abril pasado Portos de Galicia remitiu ao Ministerio o informe do CEDEX, (organismo que depende do propio Ministerio), para non perder máis tempo e así, poder poñer canto antes o informe a disposición da Administración Xeral do Estado para que o Ministerio exerza a súa competencia e autorice un punto de vertido para as dragaxes que permita á Xunta retomar a tramitación da dragaxe do Lérez.

Este informe técnico, asinado polo CEDEX, – validaba que o punto de vertido debía ser o que xa se viña utilizando e que xa fora autorizado no seu día tamén polo Goberno central, pero que de manera unilateral o Ministerio de Transición Ecolóxica decidiu clausurar en 2021 sen aportar alternativa algunha que permitise continuar avanzando na dragaxe.

Rafa Domínguez indicou que “asistimos con preocupación ás declaracións do Secretario de Estado de Medio Ambiente e número 2 do Ministerio de Transición Ecolóxica que contradín o informe dos técnicos do seu propio Ministerio ao asegurar que non considera que o punto E8 sexa a zona axeitada para o depósito dos áridos. Temos un Secretario de Estado que dalle igual igual o que diga o informe, e que o que está facendo é un bloqueo absoluto de algo tan necesario para a ría. Polo que dende  o Partido Popular eiximos que explicacións a Pedro Morán de este bloqueo, xa que o que estamos vendo é que o Goberno de Pedro Sánchez coa complicidade do BNG de Lores están bloqueado algo tan necesario como ter a nosa ría e o noso río Lérez dragado e saudable”.