O PP lamenta a ausencia de Orzamentos por terceiro ano consecutivo malia que o bipartito dixo que eran prioritarios e advirte de que a súa falta fai perder investimentos da Xunta
Rodeiro, 8 de novembro de 2025.-
O grupo municipal do PP de Rodeiro vén de lamentar a ausencia dun proxecto de Orzamentos Municipais por terceiro ano consecutivo, xa que o bipartito, malia que dicir que este documento era absolutamente prioritario ao inicio do mandato, non foi quen de aprobar esta folla de ruta económica nin en 2023, 2024 e, xa seguro, en 2025, posto que apenas quedan 53 días para rematar o exercicio.
Esta situación, segundo revelaron os populares, está a causar “graves prexuízos” aos veciños de Rodeiro, posto que a ausencia duns Orzamentos cunhas cifras actualizadas provoca que anualmente se estean a perder centos de miles de euros en investimentos da Xunta de Galicia.
Neste senso, a voceira municipal, Cati Somoza, criticou as “moitas oportunidades perdidas” polo goberno local, que ten moitas dificultades para concorrer, aparte de pola súa mala xestión e escasa capacidade de traballo, a todas as ordes e achegas da Xunta de Galicia que esixen de cofinanciamento.
“Entre o despilfarro, porque xa dilapidaron case todo o remanente de 1,6 millóns de euros que deixamos nas arcas municipais, e a falta de Orzamentos é case imposible que se beneficien da maioría das liñas da Xunta que si aproveitan os demais concellos e todo elo co agravante de que, os dous alcaldes, dixeron en xuño de 2023, cando tomaron posesión, que a aprobación deste documento era absolutamente priotaria”, manifestou a concelleira popular.
Ante esta situación, e co propósito de que estes problemas deixen de repetirse no futuro, Cati Somoza solicitoulle ao goberno bipartito que comece de inmediato coa elaboración das contas de 2026, “que xa tiñan que estar presentadas e aprobadas para a súa entrada en vigor en tempo e forma, o 1 de xaneiro, como fan a Xunta ou a Deputación”. “En Rodeiro por desgraza copian de Pedro Sánchez e prefiren funcionar sen orzamentos e ademais polos mesmos motivos que el, xa que non teñen os votos para aprobalos malia ser un suposto goberno con maioría absoluta”, apostillou.
Finalmente, a voceira do PP revelou que o único motivo de que PSOE e UxR non teñan aprobados nestes trinta meses de mandato uns orzamentos que eles mesmos calificaron de “imprescindibles” radica exclusivamente nas “fortes discrepancias” entre ambos socios, “que foron e son moi notorias no día a día, pero estas vanse superando con tal de que un pase do outro, pero sen fan totalmente imposibles para alcanzar un acordo nunhas contas.