O PP insta a ADIF a que garanta a seguridade viaria e mellore o paso na ponte ferroviaria da Portela en Redondela tras empeorala coas obras de reforma
Redondela, 8 de maio de 2026.- Os deputados nacionais do PP de Pontevedra Irene Garrido e Juan Bayón, acompañados do voceiro municipal de Redondela, Javier Bas, e e doutros concelleiros, veñen de instar ao Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible, a través de ADIF, a adoptar de xeito urxente unha solución técnica axeitada no paso superior da Portela, na parroquia de Cedeira, que garanta a seguridade viaria cumprindo a accesibilidade, o cruzamento simultáneo de coches e o tránsito adecuado de vehículos de emerxencia, contemplando unha calzada que permita dous carrís seguros de circulación
Ante esta situación e tras coñecer toda a problemática de primeira man sobre o terreo, Irenae Garrido anunciou a presentación de senllas Proposicións Non de Lei (PNL) nas Comisións de Transportes y Movilidad Sostenible y de Seguridad Vial do Congreso dos Deputados, así como de diversas preguntas de resposta escrita para coñecer as intencións do Goberno de España neste asunto.
“Agardamos que, nun prazo dun mes, saibamos se pretenden perpetuar esta desfeita, esta obra que empeora o que había e diminúe a seguridade viaria ou están dispostos a atender as xustas demandas dos veciños, que desde logo merecen moito máis do que están obtendo do ministerio tendo en conta que xa sufren per se o paso da rede ferroviaria polo seu barrio”, manifestou a deputada.
Cómpre lembrar que os veciños afectados levan moito tempo denunciando que a calzada útil queda reducida a aproximadamente catro metros –cando antes tiña 5,5 metros– como consecuencia da instalación de barreiras de formigón e da habilitación de dúas beirarrúas elevadas. Esta situación dificulta ou impide o cruzamento simultáneo de dous vehículos, incrementa o risco de colisión e xera problemas evidentes de seguridade viaria, ao que hai que engadir as dificultades para o paso de vehículos de emerxencia, como ambulancias, bombeiros ou corpos de seguridade.
Ademais, os veciños da Portela veñen soportando durante meses, con retraso e sen data de finalización. importantes molestias derivadas da execución da obra, como desvíos prolongados, rodeos para acceder ás súas vivendas, perda de tempo nos desprazamentos diarios, colas nos itinerarios alternativos, tráfico pesado vinculado ás obras, ruídos, inseguridade durante a execución e dificultades adicionais provocadas por cortes ou incidencias nos accesos.
Pola súa banda, Javier Bas lembrou que este encontro xurde do seu compromiso de levar o tema ao Congreso despois de que o pleno do pasado 30 de abril aprobara unha moción para apoiar as revindicacións dos veciños e agradeceu a celeridade e sensibilidade dos deputados para visitar a contorna.
Ademais, lembrou que este grave problema na reforma da ponte ferroviaria xurde basicamente da “mala información” subministrada polo Concello aos afectadose por non facer consideracións ao mesmo para evitar o empeoramento desta infraestrutura. “Unha vez máis o Concello non actuou para que se corrixise esta situación na Portela e, a maiores, engádese a continua cativez de miras do Ministerio de Transportes con Redondela, xa que cada vez que fai unha actuación empeoran as infraestruturas e prexudican aos veciños, pero desde o PP imos loitar por eles”, conclúíu Bas.