O PP de Vilagarcía propón dúas horas de aparcamento gratuíto para os veciños das parroquias nos parkings públicos
Vilagarcía de Arousa, 15 de xaneiro de 2026
O Partido Popular de Vilagarcía continúa coa súa defensa dos intereses dos veciños e veciñas de todas as parroquias ao presentar unha batería de alegacións á ordenanza fiscal que regulará a taxa dos aparcamentos subterráneos municipais, neste momento, unicamente o de Xoán XXIII. A formación liderada por Ana Granja considera que o proxecto actual do goberno de Alberto Varela esquece as necesidades reais dos veciños que viven fóra do centro urbano e das persoas con mobilidade reducida.
Dende que Alberto Varela é alcalde de Vilagarcía, os veciños do rural son os máis esquecidos e perxudicados, tendo importante dificultades para acceder ao centro urbano da cidade. Isto é froito da falta de planificación, da supresión de plazas de aparcamento e do caos de tráfico que orixinou o goberno socialista.
A principal alegación presentada polo PP solicita que os veciños de Vilagarcía que residan fóra do centro urbano conten cunha bonificación de 120 minutos (dúas horas) de aparcamento gratuíto ao día.
“Temos que incentivar vivir no rural. Vivir nas parroquias non pode ser un obstáculo á hora de vir ao centro a facer recados ou realizar xestións. Moitos veciños vense obrigados a coller o coche porque non teñen outra alternativa, e o que non podemos facer é castigalos con máis gastos e problemas para aparcar”, explica a portavoz, Ana Granja.
Ademáis, dende o Partido Popular sinalan que “moitos veciños din que lles é máis cómodo ir a facer as súas compras a outros Concellos. E iso temos que revertilo, por iso, dende o PP propoñemos facilidades para acceder ao centro urbano da nosa cidade” indica Granja.
A segunda alegación céntrase na accesibilidade. O PP vilagarcían propón unha bonificación do 90 % na taxa para os vehículos matriculados a nome de persoas con diversidade funcional para o seu uso exclusivo. “Non se trata de política, trátase de cumprir coa Constitución e de eliminar barreiras de accesibilidade”, explican. Unha Vilagarcía moderna debe garantir que as persoas con discapacidade teñan unha autonomía real e que o acceso ao centro non sexa unha carreira de obstáculos económica ou física”.
Dende o PP de Vilagarcía lembran que o modelo do goberno de Varela, marcado polas ciclovías, peatonalizacións sen planificación, e a eliminación constante de prazas de aparcamento, está a xerar un caos de tráfico que perxudica especialmente ao comercio local e aos veciños que máis lonxe viven.
Con estas alegacións, o PP busca que a xestión do parking de Xoán XXIII, así como o futuro aparcamento subterráneo da Compostela – cando entre en funcionamento- den solucións aos veciños máis perxudicados polo goberno socialista. Asimesmo, a formación agarda contar co beneplácito do executivo municipal nestas propostas, xa que o obxectivo final é común a todos: unha Vilagarcía máis cómoda e accesible.