O PP DE VILAGARCÍA “INSTA AO BNG A INVERTIR O SEU TEMPO EN MELLORAR VILAGARCÍA E NON EN INSULTAR”

Vilagarcía de Arousa, 19 de marzo de 2026

O Partido Popular de Vilagarcía non sae do seu asombro ao ver o “descoñecemento de Vilagarcía” e as “faltas de respecto” do BNG co PP local.

No día de onte, acusaban ao PP de “cinismo”, “hipocresía” e “oportunismo político” presuntamente por ir a visitar as obras dos tanques de tormentas do río do Con tendo votando en contra deles. Estas afirmacións son rotundamente falsas.

O Partido Popular non so leva votando de forma reiterada a favor das obras da EDAR no Parlamento de Galicia, senón que o 26 de xuño de 2025, no pleno municipal de Vilagarcía, volveu a votar a favor da obra e do convenio con Augas de Galicia para que o Concello dispuxera dos 6 millóns necesarios da aportación municipal.

“Os Vilagarciáns saben perfectamente que o compromiso do PP coa ampliación da depuradora é inquebrantable. De feito, dende que se anunciou a obra, son múltiples as intervencións públicas pedindo axilidade ao goberno municipal e central para poder comezar o proxecto” sinala Ana Granja.

O PP de Vilagarcía non da crédito de que despois de que o bipartito BNG e PSOE, perdera 548.000€ dunha subvención da Deputación de Pontevedra, a primeira intervención pública do BNG sexa criticando ao PP con falsidades, mentiras e insultos. “Eso é mostra do nerviosismo do BNG de Vilagarcía que ve como temos un goberno esgotado e sen ideas ao que apoian sen fisuras” explica Granja.

O Partido Popular exige unhas disculpas públicas ao BNG por “embarrar e crear bulos” ante a impotencia que lles xera que a Xunta de Galicia do Partido Popular aposte por Vilagarcía con proxectos, como o da EDAR, que supera os 30 millóns de euros.

Temos que recordar que, o BNG e o PSOE, levan votando de forma reiterada en contra dos orzamentos da Xunta de Galicia que prevén inversións en Vilagarcía por valor superior a 60 millóns de euros, so temos que recordar a EDAR, os tanques de tormentas ou novo centro de saúde. “Se empregamos o criterio do BNG, son eles os únicos que votan en contra de Vilagarcía” sentencia Ana Granja.