O PP de Vilagarcía considera inaceptable que o esgotamento do goberno de Varela provoque a perda de 548.000 euros da Deputación
Vilagarcía de Arousa, 17 de marzo de 2026.
O Partido Popular de Vilagarcía quere coñecer el profundidae os motivos polos que a nosa cidade perdeu as axudas do II Plan Extra da Deputación de Pontevedra, e xa presentou unha solicitude por rexistro para acceder ao expediente completo do proxecto da Rúa Aduana que o goberno local enviou ao organismo provincial.
Para os populares, é «imprescindible» coñecer todo o que o goberno local fixo mal para que Vilagarcía perda máis de medio millón de euros destinados á tan anunciada humanización da Rúa Aduana e a rúa Cruz, en Carril.
Dende o PP sinalan que este revés non é unha cuestión política, senón a consecuencia dunha mala xestión por parte do goberno de Varela. “Pedimos o expediente por rexistro porque os veciños teñen dereito a saber todo o que se fixo mal, xa que como dín os técnicos da Deputación de Pontevedra, ‘o proxecto é incompleto e inexcecutable’”, sinala a portavoz popular, Ana Granja. “Non só é unha verdadeira pena que os cartos se perdan pola súa deixadez, senón que tamén é un importante dano económico. E o problema é, que non é a primeira vez que isto acontece. Xa pasou cos fondos europeos Edusi, onde se perderon 2,5 millóns, os preto de 100.000 euros para repoboar o monte e mellorar camiños no rural, ou outros 100.000 euros para o skate park”, recorda a popular.
Para Granja, esta situación é o reflexo dun Goberno local que xa está «esgotado e sen ganas» e urxe relevo. “Vilagarcía necesita un Executivo que estea pendente dos prazos e dos detalles técnicos. Non nos podemos permitir o luxo de perder subvencións continuamente por non saber xestionar e non facer un seguimento dos proxectos. Este goberno está cambiando continuamente os proxectos e as vías de financiación, o que provoca demoras en todas as obras, como estamos fartos de ver. Así os cartos pérdense, e ao final quen o paga son os veciños, coma sempre”, lamenta a portavoz.
Finalmente, o PP de Vilagarcía insta o Goberno local a dar explicacións claras a cidadanía, -e sen mentiras como xa pasou cos fondos Edusi- sobre que fallou neste proceso e a asumir responsabilidades. «Os veciños pagan os seus impostos relixiosamente e o mínimo que esperan é que os seus representantes fagan o seu traballo e o fagan ben», conclúe Granja.