O PP de Vilaboa denuncia a grave inseguridade na N-554 pola retirada e inoperatividade de semáforos en puntos críticos
Vilaboa, 10 de decembro de 2025
O Partido Popular de Vilaboa alerta dunha situación “totalmente inxustificable e perigosa” na estrada N-554, onde tres semáforos situados en zonas de risco foron retirados nos últimos días , mentres que outros continúan apagados, aumentando de maneira evidente a inseguridade viaria.
Os puntos afectados son:
- Semáforo de Ríomaior
- Semáforo do Toural (Taparía O Toural)
- Semáforo de Santa Cristina, xunto á igrexa
Estes tres cruces son áreas de grande tránsito peonil e vehicular, cunha elevada presenza de veciños, comercios e pasos de peóns. A ausencia de regulación nunha vía nacional con forte densidade de tráfico converte estes puntos en auténticos “tramos de alto risco”.
O portavoz popular, Alberto Acuña, lembra que este ano Vilaboa rexistrou varios atropelos, algúns deles en zonas moi próximas a estes puntos agora desprotexidos.
“Eliminar semáforos ou deixalos sen funcionar nunha vía como a N-554 é unha temeridade. A xente cruza a diario por estas zonas e hoxe están completamente desprotexidas. Nin Fomento nin o Concello poden mirar para outro lado”, afirma Acuña.
O PP de Vilaboa reclama:
- A reposición urxente dos semáforos retirados,
- A reparación inmediata daqueles que permanecen apagados,
- Un informe técnico de seguridade viaria en toda a N-554 ao seu paso polo
“A seguridade dos veciños non pode depender da improvisación nin do desleixo administrativo. Precisamos que as administracións actúen xa e con responsabilidade”, conclúe Acuña.