O PP DE TUI RECLAMA A ANULACIÓN DO PRÉSTAMO DE 3,1 MILLÓNS PARA A RENOVACIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO E SOLICITA ALTERNATIVAS MENOS GRAVOSAS PARA AS ARCAS DO CONCELLO

Tui, 11 de outubro de 2025

O grupo municipal do PP de Tui vén de solicitar a anulación do préstamo de 3.176.793 euros que o Concello pretende contratar co Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE) do Goberno de España para a renovación do alumeado público coa implantación de sistemas máis eficientes, xa que considera que dito crédito sería excesivamente gravoso para as arcas municipais, que xa se atopan nunha situación delicada. Por elo, reclámalle ao goberno socialista que rectifique esta medida, aprobada en pleno co apoio do BNG, e busque solucións alternativas que non supoñan o incremento do endebedamento.

Neste senso, os populares, que deixaron claro que está a favor da adopción de sistemas de aforro e menos contaminantes na iluminación pública, lamentaron que o executivo municipal, no aproveitase as anteriores convocatorias de axudas a fondo perdido impulsadas polo Estado que si beneficiarion a outros concellos da provincia. Pero chegados a este punto, lamentaron que o Concello “optase pola vía máis fácil, pero que terá un impacto moi negativo nas contas municipais, afectando á estabilidade orzamentaria das mesmas e provocando axustes e afeccións e investimentos e servizos”.

O voceiro municipal, Nico Montes, indicou que a renovación do alumeado a través dun préstamo a pagar en dez anos, ao que haberá que engadir o pago de 130.482 euros a maiores durante 18 anos, “ten un grave problema e é que, despois deste período, as luminarias e a infraestrutura estará deteriorada, gastada e obsoleta e posiblemente haxa que volver a facer un forte investimento.

Para o concelleiro popular, o goberno actuou sen facer unha análise pausada e sen planificar esta actuación “optando por incrementar a débeda e afectando á sostenibilidade das contas do Concello, xa moi tocadas cun remanente de apenas 3 millóns de euros e que está en constante descenso”.

Por elo, os populares animaron ao goberno a anular este préstamo e a explorar outras alternativas, como a contratación dunha Empresa de Servizos Enerxéticos (ESE), xa que é moito máis eficiente, posto que carece de riscos, non aumenta o endebedamento e garante a cobertura do servizo. Neste caso, puxo o exemplo do Porriño, que decidiuse por esta vía tanto para o alumeado como as demais cuestión enerxéticas do Concello (pellets, gasóleo…) e vai renovar 7.200 puntos de luz cun investimento de 9 millóns de euros a razón dun canon de 2 millóns de euros anuais. “Simplemente se paga polo servizo, sen facer investimento nin aumentar a débeda, e, en termos económicos pode saír parecido, pero garantes a actualización tecnolóxica do sistema e non ten volves atopar co problema ao cabo dos dez anos”, detallou.

Finalmente, Nico Montes criticou este novo episodio de “xestión ineficaz” dos socialistas tudenses e abríu a posibilidade de que o PP presente alegacións contra este crédito aprobado en pleno agora que se acaba de abrir o período de exposición pública do citado préstamo.