O PP DE TOMIÑO DENUNCIA OS CONSTANTES PROBLEMAS DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA EN FIGUEIRÓ E ESIXE AO GOBERNO LOCAL QUE NEGOCIE SOLUCIÓNS COA EMPRESA DISTRIBUIDORA

Tomiño, 19 de agosto de 2026.

O PP de Tomiño vén de denunciar os constantes problemas de subministración eléctrica que padece a parroquia de Figueiró, que volveu quedar sen enerxía desde o pasado lunes nunha situación que xa se repetíu nos veráns anteriores, e queren esixir ao goberno local que proceda de inmediato a negociar solucións definitivas coa empresa distribuidora.

“Está claro que a responsabilidade é da firma, pero tamén o está que o Concello está para mediar, negociar e solucionar todos os problemas que afectan aos veciños como administración de proximidade, pero no caso de Figueiró en particular e do rural de Tomiño en xeral o executivo de Sandra González hai moito tempo que optou polo absoluto abandono”, denunciou a presidenta do PP local, Lara Meneses.

Os populares revelaron que a caída da subministración en Figueiró que se producíu o pasado luns ocasionou moitos prexuízos e cancelacións aos hostaleiros -tanto de comidas como de pernoctas- e molestias aos demais veciños e que a situación estase a repetir sen que o Concello demande unha solución á distribuidora.

Lara Meneses, que mantivo un encontro cos afectados xunto coa voceira municipal, Mónica Otero, explicou que o transformador sufre sobrecargas de xeito frecuente, especialmente durante o verán, que provocan unha caída do sistema e deixan á parroquia sen electricidade, polo que non entende, ante a reiteración destes feitos, que o executivo municipal nin se achegase ata a zona nin estea a buscar unha solución “malia a evidente e razoable indignación dos hostaleiros e os demais veciños”.

Ademais, a responsable do PP tomiñés engadiu que o “triste abandono” do goberno do BNG con Figueiró nesta materia é continuado, xa que denunciou que gran parte da parroquia carece de alumeado público -conta coa infarestrutura pero permanece apagado- incluso en puntos tan importantes como a praza central situada xunto á igrexa parroquial de San Campio.

Ante esta situación, os populares reclamaron ao goberno local que se sente cos responsables da empresa eléctrica para que mellore as súas infraestruturas en Figueiró e tamén no resto do municipio, xa que lembraron que hai algunhas semanas tamén se producíu unha perda da subministración na capital municipal que motivou queixas e prexuízos principalmente ao comercio local.