O PP de Tomiño denuncia as filtracións e entradas de auga no pavillón da Carballa só oito meses despois de que se investisen case 400.000 euros na súa renovación
Tomiño, 10 de febreiro de 2026
O PP de Tomiño vén de denunciar que o pavillón municipal da Carballa atópase en malas condicións nestas semanas de choiva como consecuencias das filtracións, pingueiras e entrada de importantes cantidades de auga cando só transcurriron apenas oito meses desde que rematou a súa renovación e modernización, na que se investiron case 400.000 euros por parte do Concello cunha achega moi importante da Deputación de Pontevedra.
“Non pode ser que o organismo provincial estea a colaborar constantemente con Tomiño con axudas millonarias ao longo do ano e o goberno do BNG dilapide eses cartos públicos con obras que están mal executadas e que obrigan a redobrar o gasto en reparacións, así como a causar importantes molestias á veciñanza”, aseverou a presidenta do PP local, Lara Meneses, que lamentou a neglixencia e a incapacidade na xestión, execución e supervisión das obras por parte do executivo de Sandra González.
Ante esta situación, a líder dos populares vén de esixir ao Concello que proceda á reparación inmediata destas pingueiras e filtracións, e máis tendo en conta que as previsións apuntan a que seguirá habendo precipitacións nos próximos días e semanas, para evitar prexuízos no emprego desta instalación deportiva aos seus centos de usuarios.
Neste senso, Lara Menses calificou de “inadmisible” que o polideportivo non poida ser empregado pola presenza de importantes cantidades de auga ou presente condicións de risco por esvaramentos e caídas para a integridade dos deportistas e os estudantes, principalmente do IES Antón Alonso Ríos, cando as obras de modernización están recén rematadas, xa que cómpre lembrar que o fin de obra anunciouse no pasado mes de xuño.
Por iso, reclamou a subsanación inmediata destas filtracións de auga e esixíu que as obras de arranxo se fagan “en condicións” para que a entrada de auga e a conseguinte inutilización do pavillón non se repita nos próximos meses ou no vindeiro inverno e para evitar o deterioro da nova cancha de xogo realizada en pavimentación de madeira. Ademais, Lara Meneses pedíu a depuración de responsabilidades políticas ao goberno nacionalista, tanto por unha situación xerada tras un investimento de case 400.000 euros, como polo feito de que os problemas a posterior en moitas obras públicas de Tomiño son unha tónica habitual por parte do goberno do BNG.