O PP DE TOMIÑO ABRE UNHA SEGUNDA FASE ON LINE DO SEU PROGRAMA PARTICIPATIVO TRAS RECIBIR DECENAS DE PROPOSTAS DE VIVENDA, SANEAMENTO, MELLORA DE PISTAS E RECOLLIDA DE LIXO
Tomiño, 28 de agosto de 2026.
O PP de Tomiño vén de abrir unha segunda fase, desta volta en formato on line, do seu programa participativo de cara ás eleccións municipais de 2027 tras recibir nos últimos tres meses decenas de propostas dos veciños de cara á elaboración do seu programa electoral e que se centran principalmente en vivenda, saneamento, mellora de pistas, recollida de lixo, actividades socioculturais, desenvolvemento de solo empresarial e comercio.
Os populares, a través da súa presidenta, Lara Meneses, queren agradecer a ampla colaboración veciñal recibida a través desta iniciativa, denominada ‘Ti Fas Tomiño’, que está orientada a recoller suxestións dos tomiñeses que serán incluídas nos compromisos electorais para o mandato 2027-2031. Porén, e co obxectivo de chegar a unha gran representación do municipio, veñen de abrir esa segunda fase para que a xente participe a través dun formulario, ao que se accede a través do enlace https://forms.gle/L8MbG86CFrGzGdEA8, que se distribuirá por mensaxería instantánea e redes sociais.
Os populares remitiron a comezos do pasado mes de xuño un boletín informativo e a citada carta do programa participativo para que os veciños a cubriran e fixeran as súas suxestións sobre as principais necesidades en materia de investimentos e servizos que vén na vila ou nas parroquias, segundo o seu lugar de residencia, e tamén sobre o concello en termos xerais.
Lara Meneses calificou a acollida como un “éxito” e precisamente por iso queren hablitarse, case tres meses despois, máis canles de participación para conformar o proxecto do PP, “que é o de todos, porque o futuro de Tomiño ten que construírse entre todos, non con ideas sectarias, a maioría das veces alonxadas dos intereses reais da cidadanía, e por iso estamos moi ilusionados en facer o noso programa electoral coa xente”.
Entre as principais propostas recibidas ata o momento, por medio do citado formato físico, destacan principalmente o desenvolvemento de proxectos de vivendas sociais e protexidas e tamén no ámbito privado co desenvolvemento do urbanismo, actualmente paralizado; a extensión do servizo de saneamento a toda a poboación; a configuración de solo industrial para potenciar, principalmente, aos sectores hortofrutícola, viveirista e da planta ornamental como motor económico; a dinamización da vida sociocultural, moi esmorecida ao longo destes anos; o acondicionamento xeral das pistas do rural; ou a mellora do servizo de recollida de lixo.
“O que nos está chegando masivamente confirma que o goberno local do BNG ten abandonados servizos básicos e necesarios que son da súa exclusiva competencia, o que demostra o enorme esgotamento de Sandra González e do seu equipo, que ademais está centrado en cuestións superfluas que nin melloran a calidade de vida da xente nin lle interesan a case ninguén”, concluiu.