O PP de Silleda responsabiliza a Pena da perda de alomenos 450.000 euros, da falta de proxectos e da ausencia de electricidade no Mosteiro de Carboeiro e de agocharse culpando á Xunta e Deputación

Silleda, 7 de marzo de 2026.-

O gupo municipal do PP de Silleda vén de responsabilizar exclusivamente á alcaldesa, Paula Fernández, e ao goberno socialista da situación que sufre o Mosteiro de Carboeiro cun total falta de servizos e de accesos axeitados, xa que lembrou que foi o executivo municipal o culpable da perda de fondos europeos e doutras administracións por importe de alomenos 450.000 euros, da falta de proxectos, das constantes negativas ás ofertas económicas de colaboración de distintas institucións e da ausencia de electricidade no cenobio. E ademais, os populares engadiron que a rexedora está tratando de agochar a súa responsabilidade culpando á Xunta e Deputación, “que é algo que ao mellor lle vén moi ben a nivel electoral, pero que non serve nin para avanzar nin para arranxar este ben”.

O voceiro municipal, Ignacio Maril, comezou calificando de excusas as argumentacións da propia Pena de que o Concello non pode liderar nin actuar para a posta en valor do cenobio porque non é propiedade municipal, pero lembroulle que a Xunta e a Deputación, ás que constantemente apela e trata de culpabilizar, tampouco son as titulares do inmoble, “polo que entendemos que poderían aplicar a mesma excusa que a alcaldesa”. En todo caso, o concelleiro popular deixou claro que o futuro de Carboeiro debería pasar por unha entente entre todas as administracións que estea liderada polo Concello, xa que, de pronto, ten a cesión do uso da igrexa por parte do Obispado de Lugo ata o ano 2049.

Pero é que además, o edil do PP lembrou que a propia Pena era a xefa de gabinete da Deputación de Pontevedra cando se “gardou nun caixón” un proxecto orzamentado en 800.000 euros para mellorar a conexión viaria co mosteiro e para dotalo de enerxía eléctrico cunha rede soterrada nas cunetas dos accesos. Así mesmo, lembrou que a alcaldesa está a rexeitar as constantes ofertas da Deputación, xa neste mandato, para cofinanciar ao 50% a conexión enerxética, posto que “como ben dixo o organismo provincial, ten outras prioridades, algo admitido por ela mesmo, e fala moito de Carboeiro para que outros lle arranxen a situación, pero non quere meter un euro malia ser un orgullo para Silleda por ser monumento nacional e o primeiro Ben de Interese Cultural da historia de Galicia”.

Ignacio Maril tamén responsabilizou á socialista da segura perda de 400.000 euros para Carboeiro ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística, cuxo prazo de xustificación vence o 31 de maio, polo que resumíu que “nin sacou adiante os proxectos cando estivo na Deputación durante bastantes anos nin é capaz de liderar a dotación de servizos, previa a unha futura musealización do mosteiro, desde o Concello, polo que está claro que ao brilante futuro que lle agarda Carboeiro non se chegará con ela como alcaldesa”.

Finalmente, o voceiro popular quixo destacar e agradecer o traballo da Xunta para a recuperación, a prol de Galicia, dos dous tímpanos de San Lucas e San Xoán que foron expoliados na década dos cincuenta e que estaban, ata hai nada, no Concello de Barcelona. “É un gran paso e unha mostra de compromiso coa nosa cultura e con Carboeiro e abre a porta a que, no futuro, poidan locer no noso mosteiro cando estea totalmente recuperado”, concluíu.