O PP de Salceda denuncia irregularidades graves no convenio entre o Concello e a CHMS para o saneamento de Soutelo e alerta de que se descoñecen os terreos e veciños afectados
Venres, 27 de xuño de 2025.-
O grupo municipal do PP de Salceda de Caselas vén de denunciar a existencia de irregularidades graves por parte do Concello na sinatura do convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) para a construción da rede de saneamento na parroquia de Soutelo e alerta de que poden aparecer importantes problemas nesta actuación, xa que, entre outras cuestións, se descoñecen os terreos e os veciños afectados. Asemade, “o propio convenio contempla a posibilidade de construir unha ou varias minidepuradoras”, ante esto, os populares se preguntan, “¿a alcaldesa está dacordo con esta posibilidade?”.
Os populares revelaron que o acordo entre o Concello e CHMS ten os informes desfavorables da Secretaría e da Intervención Municipais, posto que non hai proxecto técnico que defina a obra, descoñécese o contido e polo tanto os ramais a construír e as viviendas beneficiarias e as arcas municipais terán que facer unha achega do 5% a modo de subvención, e todo sen contar que a confederación deberá pedir licenza de obra e pagar as taxas malia que a intención do goberno local era eximirlle delo coa aprobación do seu proxecto por parte do pleno. Conclue o informe da secretaría municipal, “o concello está asumindo, a cegas, unhas obrigas das que se descoñece o seu alcance ou posibilidade de cumprir”.
“Os informes dos nosos técnicos deixan claro que o obxecto do convenio é xenérico, o cal é unha irregularidade, de feito, acepta de facto todo o que a CHMS lle pon diante, o cal é inadmisible e nos coloca nunha situación moi delicada”, sinalou o voceiro municipal, Santi Davila, que apostillou que a propia alcaldesa admitíu que en todo este proceso hai erros, “que foi o eufemismo que empregou por non dicir outra cousa”.
O edil cre que a aceptación deste acordo irregular polo goberno de MS “deriva da súa desesperación por conseguir fondos ante a falta xeralizada de investimentos nestes dous anos de mandato”. Neste senso, lembrou que o único destacable, e aínda está por facer, son o saneamento de Entenza e o de Cerquido, que serán financiados pola Deputación de Pontevedra e pola Xunta de Galicia, “sen as cales estaríamos ante a nada máis absoluta”.
O concelleiro do PP considera que é “significativo” que no pleno extraordinario urxente –sen convocatoria de comisión informativa previa– os tres grupos da oposición, tan dispares como os populares, PSOE e BNG, se abstiveran “ante este convenio chapuza”, que contrapuxo co procedemento ben plantexado, con proxecto e afección de terreos detallados, realizado pola Xunta para facer a mesma obra en Cerquido.
“No caso de Soutelo non hai proxecto de obra, non se saben os ramais nin as casas que recibirán o servizo, que ademais seguro que o goberno de MS deixa varias fóra, e se descoñecen os terreos afectados cos problemas que se poden xerar cos propietarios. E neste punto, e con este convenio, pretenden facernos crer que o groso da obra acometerase en 2026, algo que non se cre ninguén, xa que todo isto semella máis ben unha medida publicitaria para as eleccións de 2027”, concluíu o voceiro popular.