O PP de Rodeiro reclama a dotación de material axeitado e suficiente no Ximnasio Municipal e a mellora e limpeza de todas as instalacións deportivas

Rodeiro, 10 de xaneiro de 2026

O grupo municipal do PP de Rodeiro vai reclamar a dotación de material axeitado e suficiente no Ximnasio Municipal e que se proceda á mellora e limpeza periódica de todas as instalacións deportivas, nomeadamente o campo de fútbol e o pavillón.

Os populares están a detectar moitas eivas na área de Deportes, refrendadas polas constantes queixas que reciben de clubes e usuarios, polo que van a presentar unha proposta plenaria na que se solicitarán estas medidas co obxectivo de dotar aos servizos públicos das condicións precisas para o seu emprego tanto no que se refire á presenza de materiais como as condicións hixiénicas das distintas instalacións.

En primeiro lugar, o PP de Rodeiro lamentou que o Ximnasio Municipal viva un proceso de desmantelamento e dispoña dunha “pírrica oferta” de elementos que está a causar un descenso de usuarios, posto que a moitos deles os materiais existentes sonlle insuficientes para as súas prácticas. Así, demandan que se dote a esta instalación de alomenos barras olímpicas, wall balls, keetbles, combas, gomas, máquina de remo, ski, discos de pesos ouabrazadeiras para as barras.

“Está claro que o Ximnasio non está a funcionar axeitadamente, porque non é normal que haxa usuarios que traian a súa comba da casa, polo que consideramos que é obriga do Concello poñer a súa instalación en condicións e non limitarse a ter un baixo case baleiroque non lle serve aos veciños”, apostillaron desde o PP, que lembraron que hai unha liña de axudas específica da Deputación para estas cuestións ao abeiro do Plan Especial de Infraestruturas Deportivas (PEID).

Limpeza e persoal

Ademais, os populares van extender as súas demandas nesta área á necesidade de acometer unha limpeza periódica e continua das instalacións deportivas, posto que o estado de suciedade que presentan en moitas ocasións o campo de fútbol e o pavillón está a provocar cada vez máis queixas de clubes e usuarios. Neste senso, tamén pedirán a asignación duntraballador que se encargue do mantemento destas instalacións e que incluso poidacolaborar coa xestión das mesmas.

Finalmente, o PP de Rodeiro lembrou que a xestión na área de Deportes está caracterizada pola falta de traballo, de iniciativas, de dinamismo e dos investimentos e da atención necesarios e todo iso presídeo, como exemplo de mala xestión, a obra pesimamente executada do cambio da cuberta do pavillón hai dous anos, que provoca que chova dentro.