O PP de Rodeiro denuncia o desplome da obra pública do Concello e responsabiliza a Camiñas por despilfarrar a herdanza recibida con 1,6 millóns de euros de remanente

Rodeiro, 17 de febreiro de 2026.-

O grupo municipal do PP de Rodeiro vén de denunciar o desplome da obra pública impulsada polo Concello no recén finalizado ano 2025, posto que os contratos de actuación caeron un 49,7% pasando de 1.740.270 euros no exercicio precedente a 874.392 euros, o que supón o maior descenso, de longo, das bisbarras de Deza e Tabeirós-Montes.

A formación liderada por Cati Somoza responsabilizou ao alcalde, José Luis Camiñas, desta situación, que provoca que as infraestruturas, os equipamentos e os servizos estean a padecer un grave déficit de atención, xa que lembrou que despilfarrou nun só ano a herdanza recibida do anterior goberno do PP, que lle deixou algo máis de 1,6 millóns de euros de remanente.

“No seu primeiro ano completo de goberno, o 2024, tiraron cos aforros que lle deixou o goberno popular e ademais dilapidaron todos estes cartos con malos investimentos, porque só hai que ver o estado do pavillón e das pistas, por só citar algún exemplos. E, claro, a partires de aí xa non hai cartos para nada e só hai que ver a comparativa con outros municipios similares da zona”, sinalou a voceira municipal, que revelou que Agolada conseguíu licitar o pasado ano obras por 1.392.601 euros -518.000 más que Rodeiro- e Dozón, con menos da metade de poboación, situouse moi preto ao contratar 775.974 euros.

Ademais, a edil do PP considera “inexplicable” que se gastaran todo o remanente, posto que os veciños “non están a notar practicamente nada” os investimentos, posto que as estradas municipais “están no peor momento da historia”, o pavillón ten importantes entradas de auga tras destinar 200.000 euros, o centro asistencial segue sen rematarse, as obras do mantemento do colexio non se acometen e incluso están a amagar co abandono do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

“Están deixando o Concello sen un euro e, a este ritmo, non van poder contratar nada, polo que as perspectivas para este ano son desoladoras, aínda que teñen a sorte e a vantaxe de que a Rodeiro sálvalle o rescate que está a facer a Deputación cuns investimentos e unhas achegas históricas. Pero en todo caso, iso non quita que, como xa pasou co anterior bipartito, a xestión económica está a ser desastrosa e provoca que Rodeiro estea a perder moitas oportunidades”, concluíu Cati Somoza.