O PP de Redondela lamenta o nerviosismo de Digna Rivas no pleno de onte e a animan para que se centre e non tome decisións tan torpes que poden rematar nun acto de prevaricación

Redondela, 16 de xullo de 2025.-

O PP de Redondela lamenta o continuo nerviosismo da alcaldesa Digna Rivas, tal e como se veu no Pleno de onte, e a animan encarecidamente para que se tente centrar nas súas responsabilidades como rexedora, e tamén recoméndalle que non tome decisión tan torpes como as de onte, que poden rematar sendo consideradas actos de prevaricación, perxudicando unha vez máis ao concello de Redondela e aos seus cidadáns.

No pleno de onte, Digna Rivas negoulle a palabra ao voceiro popular, Javier Bas, que solicitaba intervir na aprobación dos orzamentos, xa que, como pretendía explicarlles Bas, aprobar o orzamento sen atender as alegacións podería constituír un acto arbitrario e, incluso, prevaricación segundo o artigo 404 do Código Penal.

Javier Bas lamenta que non se lle dera voz para pedir que constara en acta esta advertencia e solicitar que non se considere aprobado definitivamente o orzamento mentres existan alegacións pendentes de ser atendidas.

Segundo explican os populares, segundo a sentenza do Tribunal Supremo do 13 de febreiro de 2015, a cuestión de confianza serve para desbloquear a aprobación inicial do orzamento. Superado ese paso, a tramitación da aprobación definitiva debe continuar conforme ao procedemento legal, coa exposición pública e co Pleno resolvendo as alegacións presentadas, as cales non foron nin atendidas.

“Hai que lembrarlle á señora Rivas que se unha alegación non foi expresamente desestimada, debe considerarse aceptada, e ignorala supón vulnerar o procedemento legal”, indicou Javier Bas.

A maiores, incumpre trámites esenciais como a falta de publicación de informes vinculantes ou a ausencia de documentación de entes dependentes, como Radio Redondela; omite créditos necesarios para obrigas legais e xudiciais, como a creación do Servizo de Extinción de Incendios, que o propio concello recoñece nunha sentenza que ten pendente de crear; e presenta unha estimación errónea e inflada de ingresos, ao computar a taxa do lixo, actualmente recorrida xudicialmente polo grupo municipal do Partido Popular