O PP de Redondela denuncia o veto da súa moción para esixirlle a Digna Rivas a devolución do salario da asesora do BNG contratada ilegalmente a cambio da Alcaldía

Redondela, 28 de maio de 2025

O grupo municipal do PP de Redondela vén de denunciar publicamente o veto e a censura da súa moción de solicitude á rexedora, Digna Rivas, de devolución do seu propio peto do salario percibido durante ano e medio pola asesora do BNG, que foi contratada ilegalmente como persoal eventual, segundo ditaminou a xustiza, a cambio da Alcaldía e do goberno local.

A proposta popular, que tamén incluía o reintegro ás arcas municipais das costas do proceso, foi finalmente reconvertida a rogo para a sesión plenaria ordinaria fixada para mañá e para elo os socialistas apoiáronse “de maneira arbitraria e sectaria” nun informe da Secretaría Municipal, xa que deste xeito non se procederá á votación da mesma entre os 21 integrantes da corporación.

“Desde o PP non discutimos os criterios técnicos e xurídicos dos servizos municipais, o que consideramos absolutamente lamentable e antidemocrático é que os socialistas non fagan o mesmo de recurrir á Secretaría con outras mocións, incluso súas, que presentan as mesmas características legais ca nosa”, sinalou o concelleiro Iván Crespo, que asistíu á xunta de voceiros preparatoria do pleno e que engadiu que “é moi curioso que a proposta para pagarlle ilegalmente un soldo a unha asesora do BNG si que se poida votar no pleno, pero que a nosa petición para que o diñeiro público volva ás arcas de todos os veciños de Redondela desde o peto da alcaldesa como única responsable non teña a mesma sorte”.

O PP de Redondela lembrou que hai un acordo de todos os grupos municipais para que as cuestións que afectan ao concello e aos veciños se debatan baixo o formato que cada formación considere e lamentou que sexa a segunda vez neste mandato que o PSOE recurre ao “filibusterismo político” para tumbar as mocións populares que non lle convencen, porque xa pasou nunha anterior do PP sobre a regulación de formas e o mantemento de respecto nos plenos.

“A realidade é que hai 30.000 euros percibidas por unha persoa vencellada ao BNG que non tiña dereito a cobralos e que os veciños de Redondela van quedar sen eles por obra e graza de Digna Rivas, pero é que ademais nin sequera teñen a catadura moral de afronta o debate e votación en pleno deste asunto por unha decisión discriminatoria, de censura e veto e sectaria contra o PP, que neste concello representa a 7.000 veciños e ao sentido común”, aseverou Crespo.

En canto á xunta de voceiros, o concelleiro popular revelou que houbo fortes discrepancias entre os socios de goberno PSOE e AER por esta cuestión, xa que o concelleiro independente “admitíu que o PP tiña razón en levar esta proposta con este formato, xa que ese mesmo criterio non se aplica a outras mocións e a outros partidos, polo que queremos agradecerlle a súa postura”

Finalmente, Crespo, que lamentou a actitude de duro enfrontamento entre as tres forzas de esquerdas no seo da citada xunta de voceiros, resumíu en que esta moción non se debaterá exclusivamente polo “medo atroz” da alcaldesa a enfrontarse a un asunto que cuestiona “o manexo legal do diñeiro público”.