O PP de Redondela consegue que o goberno local acepte negociar a restitución e rebaixa da taxa do lixo tras a súa recente suba media dun 165% aprobada por PSOE, AER e BNG

Redondela, 7 de abril de 2025.-
O grupo municipal do PP de Redondela vén de conseguir que o goberno local acepte abrir unha negociación para a restitución e rebaixa da taxa de limpeza e recollida, transporte e tratamento de lixo despois de que este tributo se incrementase nunha media do 165% desde o presente ano 2025 coa súa aprobación en pleno cos votos de PSOE, AER e BNG.
Os populares, que amosaron a súa satisfacción porque o seu traballo abra unha vía para reconducir unha suba que sempre calificaron de “estratosférica”, mantiveron esta mañá un encontro de traballo coa alcaldesa, Digna Rivas, e membros do goberno local, que foi solicitada por eles para abordar o posible apoio do PP á aprobación dunha adicación parcial cun 70% de salario para un edil socialista que traballa no concello e cuxo salario foi rexeitado anteriormente en pleno polo decisivo voto contrario do BNG.
A delegación do PP, encabezada por Javier Bas, aceptou respaldar esta cuestión económica a cambio da condición “irrenunciable” de que se revise a taxa do lixo e se retorne ás tarifas vixentes ata o ano 2024, ou incluso que se poida facer algún “axuste razonable” sobre as mesmas, pero que en ningún caso se manteñan as actuais -aprobadas polas tres forzas de esquerda-, posto que supoñen un incremento medio do 165% e que supera o 300% no caso de moitos negocios que, ademais, apenas producen residuos orgánicos.
Os populares lembraron que teñen recurrida xudicialmente esta suba da taxa do lixo a través un recurso contencioso ante os tribunais e garantiron que, de chegarse a un acordo co goberno local, procederían á súa retirada inmediata.
“Imos ver se hai unha vontade real de negociación, pero, en todo caso, temos que amosar a nosa satisfacción porque o noso traballo na defensa exclusiva dos redondeláns estea a dar froitos, xa que consideramos un paso importante que o goberno se aveña a falar da taxa do lixo e agardamos que se poida reconducir a unhas cifras razonables”, explicou Javier Bas, que engadíu que, máis alá dos importes deste tributo, tamén se deberían axustar os mesmos á producción de lixo orgánico de cada tipoloxía de establecemento de acorde coas políticas verdes europeas que sempre defende o PP.
Eliminación da adicación do BNG
Por outra banda, o PP tamén puxo sobre a mesa un segundo requisito para a aprobación do novo salario do edil socialista e que consiste na supresión da praza de persoal eventual concedida ao BNG cuns ingresos duns 16.500 euros anuais, unha cuestión que os populares consideran irregular -cunha primeira sentencia a prol do PP nos xulgados-, xa que estes postos están orientados exclusivamente ao goberno e os nacionalistas non pertencen ao mesmo tras verter fortes críticas sobre a xestión de Rivas.
Neste punto o acordo entre PP e PSOE xa está acadado, posto que a rexedora local amosou a súa coincidencia coa formación liderada por Javier Bas e incluso dixo nesta reunión que xa tiña previsto o cese da asesora do BNG.
“Máis alá de que estamos en absoluto desacordo con esta prebenda a prol do Bloque, tamén consideramos que, en aras da eficiencia da tesourería local, é bo que se compense deste xeito o posible novo soldo do edil socialista para non disparar os gastos de goberno”, apostillou Bas, que indicou que agora van centrar os seus esforzos en levar a bo porto a rebaixa da taxa do lixo.