O PP de Redondela celebra o seu tradicional Xantar de Nadal con máis de 300 asistentes
Domingo, 14 de decembro de 2025.
O PP de Redondela reuniu a máis de 300 afiliados, simpatizantes e amigos no tradicional Xantar de Nadal, completando o aforo dispoñible nun ambiente de convivencia e unidade que serviu para amosar o respaldo ao equipo que lidera Javier Bas.
Os populares redondeláns estiveron acompañados polo presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, que destacou o traballo da organización local e a importancia da cercanía coa veciñanza nun encontro no que tamén participaron membros da corporación municipal, deputados autonómicos e nacionais.