O PP de Pontevedra reclama a anulación inmediata da suba da taxa do lixo xa que é unha mostra máis da recadación fiscal sen escrúpulos que leva instaurado Pedro Sánchez nos últimos anos en España
Pontevedra, 11 de novembro de 2025.-
O PP de Pontevedra reclama a anulación inmediata da suba da taxa do lixo nos concellos da provincia, e insta a que que se leve a cabo unha ordenanza xusta e un servizo de recollida de lixo que realmente mellore as cidades e as vilas do Morrazo, e non unha suba da recadación fiscal sen escrúpulos que leva instaurado Pedro Sánchez nos últimos anos en España. Estamos falando de subas de ata o 600% no caso das empresas
A voceira do PP de Bueu, Elena Estévez agradeceu as deputados nacionais e os compañeiros de Cangas e de Moaña, a tamén deputada autonómica, Loli Hermelo e Diego Ríos, concelleiro en Moaña, que se acercasen a Bueu para interesarse pola polémica na que está inmersa a comarca do Morrazo nos últimos meses en relación coa subida da taxa do lixo.
Segundo explicou Elena Estévez, a taxa do lixo aprobouse o 13 de outubro na Asemblea da Mancomunidade, sen ter sido consensuada con ninguén, nin cos autónomos, nin cos empresarios e sen contar para nada cos veciños. “Queremos facer un chamamento a toda a veciñanza e a todos os colectivos afectados para que no prazo de exposición pública que finaliza o 3 de decembro a que fagan as alegacións as suxestións necesarias, porque creo que é fundamental que entre todos consigamos paralizar e frear este este taxazo”, indicou a a voceira popular.A voceira de Cangas e deputada autonómica, Loli Hermelo, lembrou que a Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e suelos contaminados, grava o taxazo aos cidadáns. “Unha lei que non ten en conta absolutamente os parámetros sociais non é equitativa, non é xusta. Implica que unha vila de 500 habitantes ten que pagar case o mesmo que unha gran cidade. Non entendemos que os gobernos de Cangas, Moaña e Bueu, tan dados a falar do progresismo e de que son sociais, fagan esta ordenanza en contra das familias, en contra dos veciños, en contra dos autónomos, en contra de todo o tecido económico e social da nosa comarca. O rexeitamento foi claro. A comarca dixo non a este taxazo e eles fan oídos xordos e levantan a man para gravar a todos os cidadáns do Morrazo unha taxa desproporcionada. Queremos un sistema xusto e equitativo e dicimos non ao taxazo”, indicou a deputada canguesa.
Pola súa banda, o deputado nacional, Juan Bayón, explicou que dende o PP se presentaron iniciativas xa no ano 2024 e neste ano 2025 presentouse unha Proposición de Lei no Congreso e outra no Senado para que se derrogue a disposición da Lei de Residuos e Suelos Contaminantes.
“No Congreso, o goberno de Pedro Sánchez, utilizando as súas prácticas habituais, vetou a Lei do Partido Popular, non deixou que se debatese porque sabe que no Congreso non ten maioría para gobernar; e no Senado o PP debateu a lei e esa lei está paralizada no Congreso para unha segunda votación. Hai que deixar ben claro que a Directiva UE 2018/851 sobre residuos, de onde provén esta Proposición de Lei establece obxectivos para que os Estados membros poidan revisar e modificar os sistemas de financiamento do servizo de recollida e tratamento de residuos, aínda que a Directiva non impón directamente aos Estados membros a obrigación de establecer ou incrementar as taxas de lixo, e moito menos, que os cidadáns teñan que sufragar o custo do servizo ao 100%.
Segundo detallou Juan Bayón, a Mancomunidade, aférrase ás escusas da Lei de Residuos aprobada polo goberno de Pedro Sánchez para saquear a todos os veciños e veciñas do Morrazo. Unha lei que o único que busca é aumentar a recadación na recollida de residuos sen ofrecer aos veciños realmente alternativas de clasificación e que reduzan realmente a xeración de residuos, que é o que di Europa. A Directiva Europea en ningún punto di que os concellos teñan que incrementar a taxa do lixo para que non sexa deficitario o servizo. Iso é unha inclusión que fai o goberno de Pedro Sánchez para que todos os concellos, todos os españois e no caso que nos ocupa os concellos do Morrazo sableen aos veciños, que terán que aboar unha taxa moito máis elevada do que estaban aboando.
“O PSOE e o BNG de Cangas, de Moaña e de Bueu teñen que decidir se están defendendo as políticas de Pedro Sánchez ou se están defendendo aos veciños do Morrazo. Uns veciños que están pedindo unha ordenanza real, unha ordenanza xusta, unha ordenanza que non multiplique por dous por tres ou por catro o coste dos recibo”, finalizou o deputado nacional.