O PP de Pontevedra pide novamente explicacións ao Goberno central despois da lamentable resposta do Ministerio ante a situación da N-552 ao seu paso por Chapela
Pontevedra, 16 de xuño de 2026.-
Os deputados nacionais do PP de Pontevedra, Irene Garrido; Pedro Puy e Juan Bayón, piden novamente explicacións ao Goberno central, despois da lamentable resposta que obtiveron do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible sobre a situación da N-552 ao seu paso por Chapela.
Os populares lamentaron que a resposta fose que a seguridade vial nesta estrada nacional estaba completamente garantida, e que as actuación de mellora se teñen en consideración dentro da planificación de actuación na Rede de Estradas do Estado e se executan no medio prazo as que teñen maior priorización.
“É inadmisible que teñan a desfachatez de contestar algo cando o proxecto de adecuación e mellora da seguridade vial na N-552, ao seu paso por Chapela se atopaba xa en fase de redacción dos proxectos da Rede de Estradas en agosto do ano 2020. Temos que ver como 6 anos despois de estar en redacción o proxecto, agora nos din que non é prioritario, cando foi un compromiso adquirido para paliar os efectos das obras da AP-9”, lamentou Irene Garrido.
Como consecuencia das obras de ampliación da AP-9, o Ministerio de Fomento adquiriu co Concello de Redondela e con distintos colectivos veciñais unha serie de compromisos destinados a paliar parte dos efectos negativos derivados da devandita ampliación ao seu paso por Chapela.
Entre eses compromisos atopábase a redacción e execución dun proxecto de mellora da seguridade viaria e de adecuación da N-552 entre o Alto da Encarnación e o límite co termo municipal de Vigo, que derivou nunha correspondente Orde de Estudo no Ministerio que agora está completamente olvidada e aboanda